Turismo de Santiago ANULA LITERALMENTE O TURISMO FÍSICO a SANTIAGO abrindo as súas audioguías para percorrer virtualmente a cidade dende a casa

Información
Santiago | 20 Abril 2020 | 1840 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Sánchez Bugallo (PSOE) vuelve a la Alcaldía de Santiago en su ...

O SECTOR TURÍSTICO ESTA CRISPADO CON O ALCALDE BUGALLO E ESIXEN UNHA EXPLICACIÓN  PÚBLICA DO ATAQUE DENDE O CONCELLO A TODO O SECTOR INVITANDO AO TURISMO A QUE NON VEÑA A SANTIAGO E SE QUEDE NA CASA.

Santiago de Compostela pode percorrerse virtualmente estes días a través das audioguías de Turismo de Santiago, que poden consultarse gratis na web  As audioguías de Turismo de Santiago suman máis de catro horas de narración arredor dos principais puntos turísticos da cidade, que ademais se sinalan nun mapa de Santiago.

O percorrido remata na Alameda.

As audioguías divídense en 24 partes que poden escoitarse en calquera orde. Non obstante, están numeradas para seguir unha posible ruta que comeza na praza do Obradoiro e que percorre os principais atractivos turísticos da cidade: a Catedral, as prazas que a rodean, as rúas e prazas do Casco Histórico, o Mercado de Abastos, o CGAC, o Museo do Pobo Galego, o Parque de Bonaval, a Casa da Troia, San Martín Pinario, e remata no Parque da Alameda.

As audioguías están dispoñibles en sete idiomas: galego, castelán, inglés, alemán, italiano, francés e portugués. A aplicación actívase automaticamente no mesmo idioma que o dispositivo da persoa usuaria.

As audioguías actualizáronse en contidos e formato de reprodución no 2019. Consiste nunha tarxeta que proporciona un código de acceso na páxina www.santiagoturismo.com co cal se poden descargar ao teléfono móbil. Deste xeito evítase ir cun reprodutor MP3 que a persoa usuaria tiña que devolver na oficina de información turística en 24 horas.

Agora, Turismo de Santiago acaba de abrilas gratis ao público, que pode escoitalas sen empregar ningún código. Deste xeito, a entidade municipal de promoción turística anima a percorrer as rúas da cidade dende a propia casa.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600