Información
Santiago

COMPOSTELA ABERTA INSTA Á DEPUTACIÓN A PROMOVER A INSTALACIÓN DE DESFIBRILADORES NOS ESPAZOS DEPORTIVOS DA PROVINCIA

Información
26 Abril 2016 14838 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

DEpodemosnotienennielnombre BNG ANOVA Ferrol ComunSOLICITA QUE SE INCLÚA ESTA POSIBILIDADE DENTRO DAS CONVOCATORIAS A CONCELLOS E ENTIDADES, E QUE NESTE MESMO ANO SE ABRA UNHA LIÑA DE AXUDAS PARA EQUIPAR AS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2016.- O deputado provincial de Compostela Aberta, Manuel Dios, presentou hoxe unha moción na cal se insta á Deputación Provincial a promover a instalación de equipos de desfibrilación semiautomática externa (DSAE) en recintos deportivos da provincia, mediante liñas de subvención a concellos e a entidades.

Nesta proposta ínstase á Deputación a incluír, dentro da convocatoria de subvencións dirixidas a concellos e entidades para a realización de investimentos deportivos, a adquisición de equipos DSAE. Pero tamén se propón que xa neste mesmo ano se abra unha liña de axudas dirixidas a entidades locais para dotar con desfibriladores ás instalacións deportivas municipais.

O portavoz de Compostela Aberta destacou que cada fin de semana teñen lugar na provincia centos de acontecementos deportivos, e moitos deles transcenden do carácter exclusivamente local, pois atraen a deportistas de diferentes concellos. Ante os casos de morte súbita de deportistas ou mesmo espectadores que se teñen coñecido nos últimos tempos, a instalación de DSAE podería ser unha medida útil para a prestación de primeiros auxilios mentres se agarda por unha intervención médica especializada.

Os DSAE son efectivos na maioría das paradas cardíacas, e están pensados para o seu uso por parte de persoal non sanitario; son capaces de monitorizar o ritmo cardíaco da persoa afectada, e de aconsellar ás persoas asistentes qué manobras de reanimación se deben realizar.

Manuel Dios explicou que algunhas deputacións xa contan con convocatorias de subvencións anuais nas que se inclúe de xeito específico a adquisición de desfibriladores por parte dos concellos, ademais de material deportivo e de ocio para os distintos equipamentos municipais. Tamén teñen efectuado compras de lotes de desfibriladores para o seu reparto posterior aos concellos, acompañado dun curso de formación para o persoal que presta as súas funcións nas instalacións deportivas municipais. O representante de Compostela Aberta considera que calquera destas dúas vías podería ser aplicada tamén na provincia da Coruña.

Otros articulos relacionados.....
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)