Información
Vigo

O Alcalde de Vigo denuncia que o Goberno de Feijóo cobralle aos vigueses unha taxa de 655.000 euros sen que preste servizo algún á cidade

Información
06 Junio 2019 434 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde en funcións deu conta esta mañá da interposición dunha reclamación á decisión da Xunta de impoñer unha taxa recadatoria sobre a xestión de obras hidráulicas do encoro de Eiras. En 2018, a Xunta resolveu o cobro de 655.000 euros como canon de regulación de 2014, sen contraprestación de servizo algún para o Concello. Ante o que cualificou un "novo escándalo" da Xunta, explicou que o goberno local interpuxo daquela un recurso de reposición dado que a xestión de Eiras a realiza a empresa concesionaria da auga en Vigo. Na súa opinión, a Xunta establece un canon sobre algo que non lle custa nada á administración autonómica xa que é o Concello o que xestiona e asume os custos da presa. A Xunta, ademais, pretende que Vigo repercuta este custo no resto de municipios que reciben auga desde Eiras. 


A esta cantidade hai que sumar o canon de saneamento de 5 millóns cando "a Xunta non fai nada en relación ao saneamento nin ao abastecemento" da cidade olívica. "Nos deixan sen auga e nos queren cobrar la nosa", criticou.

Estas cantidades económicas forman parte dun listado de todo o que paga Vigo por obriga da Xunta sen ter competencias, unha relación que Abel Caballero enviará ao presidente autonómico esixindo a devolución destes cobros indebidos. Entre outros, referiuse aos 355.000 euros do finanzamento dos centros de día da Xunta de Valladares, Teis e Coia; aos 205.000 euros das escolas infantís autonómicas de Valladares e da rúa Palencia -estas dúas últimas obrigas económicas están recorridas -, aos 1,4 millóns que o Concello adica a Cedro, nunha acción estritamente sanitaria; ou aos 8 millóns do canon anual de Sogama -que subiu en dous millóns nos últimos anos – entre outros.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+