Información
Vigo

Carmela Silva utiliza os fondos públicos para poñerse por diante de Neymar nos panfletos de fútbol

Información
17 Agosto 2019 424 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Este mércores tivo lugar a inauguración do campo de fútbol da Bouza logo da súa remodelación, acto oficial presidido pola tenente de alcalde e presidenta da Deputación, Carmela Silva, e no que participaron o tamén tenente de alcalde Javier Pardo e concelleiros do goberno de Vigo como Patricia Rodríguez e Santos Héctor, tamén deputado provincial. 


O Concello de Vigo, en virtude do acordo asinado coa Deputación, vén de remodelar o campo no que xogan como local o Vitoria e o CD Coia, por importe total próximo aos 300.000 euros. As obras consistiron na instalación de céspede artificial de última xeración e dun novo sistema de iluminación LED, composto por 28 unidades, que farán posible reducir a demanda enerxética, os seus custes e impacto ambiental. Tamén se revisou e reparou as canalizacións de recollidas de aguas pluviais e de rego. 

Xunto co da Bouza, o convenio entre Concello e Deputación supuxo a remodelación dos campos de fútbol de Navia, Meixoeiro e Candeán, tamén concluídos, e o do Bouzas, que estará listo a finais deste mes. Amais, as melloras dos espazos do Monte da Mina, San Andrés de Comesaña e Sárdoma están a punto de ser adxudicadas, e en próximos meses se prevé licitar a reforma dos campos de Fragoselo, A Guía e O Bao. Por último, o Concello financia a mellora doutros tres campos de fútbol que non son municipais e que están xa en obras: Valladares, San Miguel de Oia e Matamá, por importe de 410.000 euros. 

A remodelación de céspede, alumeado e instalacións en once campos de fútbol presenta un orzamento total de 2,9 millóns de euros, dos 9,2 millóns do total do convenio entre Concello e Deputación. Este acordo contempla ademais a construción dos novos pavillóns de Romil, que encara a súa recta final por importe de case que 2,2 millóns, e de Quirós, en obras por preto de 3 millóns de euros. Tamén inclúe a renovación integral dos dous espazos deportivos baixo a bancada de Río, en Balaídos, por importe lixeiramente superior aos 1,1 millóns

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....