O ministro Pedro Duque entregou onte xoves ao Concello de Vigo a distinción como Cidade da Ciencia e da Innovación 2018, no transcurso dun acto no que tamén se recoñeceu a Barcelona e Castellón, dentro da categoría das grandes cidades. Este premio, explicou, recoñece o desenvolvemento de Vigo como smart city así como outros proxectos de investigación sobre o automóbil autónomo, a rede semafórica ou a administración electrónica. Caballero avanzou que esta distinción sitúa a Vigo á cabeza das cidades en ciencia e innovación.