O goberno de Vigo peonaliza decenas de rúas os festivos para facilitar a distancia social

Información
Vigo | 02 Mayo 2020 | 4669 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
Abel Caballero, en rolda de prensa telemática
Abel Caballero, en rolda de prensa telemática

Abel Caballero advertiu este xoves que estes paseos e zonas verdes que están de novo abertos poderían volver a pecharse de producirse aglomeracións, co que insistiu na responsabilidade individual e volveu solicitar aos cidadáns cautela e distancia social.

 

Unha vez que se entra nas fases de desescalada, o Concello quere ampliar os espazos dispoñibles para que a cidadanía poida, dentro dos saídas permitidas en cada momento, manter as distancias de seguridade. Co mesmo obxectivo, o goberno que preside Caballero decidiu peonalizar decenas de rúas da cidade, inicialmente os domingos e festivos, e en vigor desde este venres, 1 de maio.

Serán peonís rúas en Bouzas (Pescadores, Paulino Freire, Alfredo Braña e Tomás Alonso -desde Simancas ata Pescadores-), a Avenida de Balaídos e as rúas Zamora e Regueiro, esta última entre Barcelona e a Gran Vía. No entorno de Torrecedeira, serán peonís Pi y Margall, Marqués de Valterra, Jacinto Benavente, Instituto Oceanográfico e Juan Ramón Jiménez.

No centro de Vigo pasarán a ser peonís Policarpo Sanz, Velázquez Moreno, Reconquista, Marques de Valladares, Carral, Victoria, García Olloqui, Concepción Arenal, Montero Ríos (paso de bus urbano cara o centro por Carral, Marques de Valladares), Colón (entre Areal e Policarpo Sanz), Areal (entre Canceleiro e Colón), Inés Pérez de Ceta, Pontevedra e Rosalía de Castro (entre Inés Pérez de Ceta e Pontevedra).

Na zona de Urzáiz, a medida afectará á Praza de Fernando o Católico e ás rúas Santo Domingo e Condesa Casa Bárcena; nas proximidades da estación de autobuses, a rúa Xílgaro; e en Teis, as rúas Purificación Saavedra, Santander e Pedro Alvarado (entre Enrique Lorenzo e Maceiras).

Nestas rúas, nos domingos e festivos, vaise respectar en todo caso o acceso rodado aos domicilios, a un máximo de 10 km/h, e tamén se favorecerá a prestación do servizo do transporte público urbano.

Descargar todas as imaxes