Imprimir

Veciños de Tameiga e traídas de augas solicitan a retirada da Cidade Deportiva do Celta da Bienal de Arquitectura

Información
Vigo | 20 Mayo 2021 | 2723 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

Concentración 1Presentaron varios escritos para informar á comisión organizadora sobre as irregularidades do proxecto e o malestar social que provocou. Presentaron varios escritos para informar á comisión organizadora sobre as irregularidades do proxecto e o malestar social que provocou.Consideran que a destrución dunha área forestal é incompatible cos valores de sustentabilidade que defende o certame.

 

A selección da Cidade Deportiva do Celta para formar parte dos finalistas da XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU) é unha noticia difícil de acomprender para boa parte da veciñanza de Mos. A Asociación de Veciños da Portela e as traídas de augas integradas na plataforma ‘A Auga é Vida’ sumáronse ás peticións para que o proxecto sexa descualificado e presentaron distintos escritos á organización do certame, convocado pola Ministerio de Transportes a través da Dirección Xeral de Axenda Urbana e Arquitectura, para solicitar a retirada dun proxecto que provocou unha forte contestación social. Entenden que o intento de recalificar e urbanizar unha zona de protección forestal “atenta contra a maneira de vivir e de sentir da comunidade” e é, polo tanto, algo radicalmente oposto ao lema “estratexias de conciliación”, en torno á que estaba vertebrada este ano a convocatoria da Bienal.

A selección da Cidade Deportiva do Celta para formar parte dos finalistas da XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU) é unha noticia difícil de acomprender para boa parte da veciñanza de Mos. A Asociación de Veciños da Portela e as traídas de augas integradas na plataforma ‘A Auga é Vida’ sumáronse ás peticións para que o proxecto sexa descualificado e presentaron distintos escritos á organización do certame, convocado pola Ministerio de Transportes a través da Dirección Xeral de Axenda Urbana e Arquitectura, para solicitar a retirada dun proxecto que provocou unha forte contestación social.

Entenden que o intento de recalificar e urbanizar unha zona de protección forestal “atenta contra a maneira de vivir e de sentir da comunidade” e é, polo tanto, algo radicalmente oposto ao lema “estratexias de conciliación”, en torno á que estaba vertebrada este ano a convocatoria da Bienal.No seu escrito, a Asociación de Veciños advirte de que a organización corre o risco de “perder totalmente o prestixio e a visión de futuro para unha arquitectura sustentable” ao incluír entre os finalistas unhas obras cuxa legalidade e viabilidade foi cuestionada dende distintos ámbitos. Lembran que os promotores do proxecto foron denunciados ante a Xustiza por posibles delitos contra a ordenación do territorio e prevaricación administrativa. As traídas de augas, pola súa parte, non entenden como pode optar a este recoñecemento unha iniciativa “que é incompatible co aproveitamento sustentable dos recursos hídricos e forestais, implica a destrución dun ecosistema e despreza os usos tradicionais do territorio nunha zona rural e de poboación dispersa”.Informes desfavorables

A Plataforma ‘A Auga é Vida’ vén denunciando, dende hai tres anos, as irregularidades que agora se poñen en coñecemento do comisariado da BEAU, integrado por profesionais de recoñecido prestixio nos eidos da arquitectura, o urbanismo e o paisaxismo. O proxecto para a construción da cidade deportiva e unha gran superficie comercial abrangue unha área de preto dun millón de metros cadrados nunha zona que, de acordo co Plan Xeral en vigor, está considerada rústica de protección forestal. Os informes emitidos ata a data non avalan unha operación urbanística que vai ter severas implicacións para a flora, a fauna, os mananciais, os cursos de auga e mesmo para o tránsito de vehículos nos accesos á cidade de Vigo, xa de por si saturados.

Categoría: Vigo
Visto: 2723