Información
Vigo

"Queremos máis presenza nos consellos de administración", expuxo o alcalde en referencia aos usuarios do Porto de Vigo

Información
17 Julio 2018 888 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Tras entrevistarse coa Federación de Usuarios do Porto de Vigo, Abel Caballero explicou que acordaron, "e trasladareino ao Goberno de España", aumentar o número de membros dos consellos de administración portuarios para dar máis presenza aos usuarios, e reducindo dietas para aforrar custes

"Queremos máis presenza nos consellos de administración", expuxo o alcalde en referencia aos usuarios do Porto de Vigo, "e todo xunto ten que custar menos que antes". Caballero considera positivo que a Federación teña participación no Consello de Administración da Autoridade Portuaria, reducindo dietas para que o custe total sexa incluso inferior ao actual.



Alcaldía e Federación de Usuarios abordaron ademais asuntos de competitividade portuaria e a "visión conxunta" da relevancia do Porto de Vigo para a economía "da cidade e de Galicia", indicou Caballero, quen engadiu asemade o apoio ao presidente da Autoridade Portuaria nas súas xestións para gañar competitividade.

Na reunión tratouse dos accesos ao Porto que o goberno de Vigo esixe facer a través de Bos Aires, toda vez que o Concello prohibiu aos camións de 30 toneladas atravesar Teis. O rexedor asegurou que a Xunta de Galicia "eludiu a súa responsabilidade de forma continua" neste cuestión, reiterou que "os portos teñen que ter os seus accesos garantidos polos seus propios medios" e asegurou que "non se accede polo centro das cidades en ningún porto do mundo".

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+