Información
Vigo

O Pleno aproba por unanimidade os Vigueses Distinguidos 2019

Información
24 Marzo 2019 1312 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Óscar Villar, Diego de Giráldez, vinte e nove centros educativos da cidade, o colectivo de taxistas vigueses, os ex-xefes de servizo dos centros de saúde simbolizando o conxunto do sistema sanitario de Vigo e ex aequo a Asociación Cultural Xarabal, a Asociación Veciñal Emilio Crespo e a Comisión de Festas da Consolación de Coia. A sesión celebrada este venres aprobou tamén, coa abstención de Marea de Vigo, a concesión da Medalla da Cidade ao Consorcio da Zona Franca de Vigo. 


O Pleno de Vigo aprobou este venres a concesión da Medalla da Cidade 2018 ao Consorcio da Zona Franca de Vigo pola súa "participación activa no desenvolvemento económico da cidade así como pola intensa implicación no proxecto de transformación de Vigo e polo seu arraigo na cidade". A proposta foi aprobada polo grupo socialista, o propoñente, coa abstención de Marea de Vigo, e a ausencia do grupo popular que abandonou a sesión plenaria antes da votación. 

A Corporación Municipal aprobou por unanimidade as seis propostas para Vigueses Distinguidos 2019. No eido educativo, recoñécese o labor que desenvolven 29 centros polos anos de permanencia na cidade ou polas súas circunstancias singulares. Son o Colexio HH Carmelitas-María Inmaculada (93 anos), Colexio San Xosé da Guía (85 anos), Colexio Labor (87 anos), Colexio Atlántida (83 anos), Colexio Alba (79 anos), CEIP Virxe do Rocío (75 anos), CEIP O Pombal (70 anos), CEIP Coutada de Beade (74 anos), Colexio Mercantil (69 anos), CEIP Vicente Risco (65 anos), Grupo Educativo Plurilingüe Castro San Miguel (59 anos), Colexio San Fernando (55 anos), Colexio Losada (54 anos), Colexio Fillas de María Inmaculada (59 anos), Colexio Padre Míguez-Calasancias (59 anos), Colexio San Blas Vista Alegre (56 anos), CEIP Santa Tegra (53 anos), CEIP Josefa Alonso (52 anos), Colexio Illas Cíes (52 anos), Colexio Divino Salvador (52 anos), Colexio Andersen (50 anos), CEIP Carballal de Cabral (50 anos), CEIP Plurilingüe Igrexa-Valadares (50 anos), IES Politécnico (50 anos), CEIP Mosteiro de Bembrive (50 anos), CEIP Párroco don Camilo (50 anos), Colexio Amor de Dios (50 anos), IES Beade e Colexio Monterrey. 

No ámbito socio-cultural recibirán o Vigués Distinguido 2019 ex-aequo tres institucións culturais e asociativas singulares e con arraigo na cidade: a Asociación Cultural Xarabal, que leva 35 anos traballando a prol do folclore; a Asociación Veciñal Emilio Crespo de Navia, polos seus 25 anos de dedicación á veciñanza e a Sociedade Cultural Comisión de Festas da Consolación. 

Ademais, serán Vigueses Distinguidos o Colectivo de Taxistas da cidade pola súa contribución a un servizo público de calidade e comprometido coa cidadanía, representados pola Central Radio Taxi e Servizos, Sociedade Cooperativa Galega; Óscar Villar Díaz, director da Coral Casablanca; os ex-xefes de servizo dos centros de Atención Primaria de Vigo que simbolizan o conxunto do sistema sanitario público da área de Vigo a aos seus profesionais, singularmente aos da atención primaria viguesa: médicos/as, enfermeiras/os, auxiliares e persoal non sanitario; e o pintor Diego de Giráldez, quen realizou con éxito a súa primeira exposición en Vigo no ano 1975.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+