El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf

Información
Xunta de Galicia

Defende A Galega: "Os medios públicos son os de todos os que queremos estar informados"

Información
03 Mayo 2019 4747 votos
4.5 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 Rating 90%


Os comunicadores da CRTVG Tati Moyano e Carlos Jiménez, en representación de Defende A Galega, recollen hoxe en Ferrol o XV Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. Jiménez asegurou que a de Defende A Galega "é unha reivindicacion de toda a sociedade, e este premio é unha forma de visibilizala".

Tati Moyano e Carlos Jiménez, dous profesionais da Compañía de Radiotelevisión de Galicia expedientados tralo seu apoio aos venres negros participaron esta tarde nunha conferencia de prensa posterior á recepción institucional no Concello de Ferrol en representación de Defende A Galega, XV Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Os comunicadores estiveron acompañados pola presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Xulia Díaz Sixto; o decano do CPXG, Francisco X. González Sarria; e o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.

Carlos Jiménez salientou que a súa presenza en Ferrol non é "como individuos sino como representacion de moita xente que virá ao Jofre e outra que está a traballar". A de Defende A Galega, nas súas palabras, "é unha reivindicacion de toda a sociedade, e este premio é unha forma de visibilizala".

Moyano, pola súa banda, agradeceu o premio "porque é o recoñecemento a un cadro de persoal que todos os venres reclama que se cumpra a Lei de Medios de 2011, coa creacion dun Consello de Informativos que garanta a liberdade de informacion". "Os medios públicos", asegurou, "son os medios de todos os que queremos estar informados, que é un dereito fundamental". Neste sentido, realizou un balance positivo dos venres negros, que este Día da Liberdade de Prensa fan o número 50, "por ser un símbolo de unidade".

Ofrenda floral e actos no Teatro Jofre

Ás 19:00 horas vai realizarse a tradicional ofrenda floral na estatua ‘Ás Ceibes’ de Manuel Patinha, situada no Cantón de Molíns, onde Sabela Direito, representante das novas xeracións de xornalistas, será a encargada de ler o manifesto do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia con motivo do Día Internacional da Liberdade de Prensa, redactado por ela mesma, que chama a "arrincar a esperanza dos brazos do conformismo" contra "unha práctica que conserva o nome" do xornalismo, "pero que nada ten que ver nin cos principios, nin cos valores da profesión mesma".

A partir das 19:30 horas, o Teatro Jofre acollerá o acto de entrega do galardón, conducido pola comunicadora Rebeca Collado. No transcurso da gala, a xornalista Patricia Hermida dará lectura a un texto realizado en nome da organización do certame, que reivindica un xornalismo valente e feminista. A continuación, Tati Moyano e Carlos Jiménez recollerán o galardón desta XV Edición do Premio José Couso, outorgado a Defende A Galega, de mans de Francisco X. González Sarria, decano do Colexio de Xornalistas, e Xulia Díaz Sixto, presidenta do Club de Prensa de Ferrol. Tras a entrega, dará comezo o tradicional Concerto da Liberdade, nesta ocasión a cargo do grupo Petit Swing.

A candidatura premiada

O 25 de maio de 2018, traballadores e traballadoras da Televisión de Galicia e da Radio Galega comezaban a vestir os venres con camisolas negras, iniciando unhas mobilizacións que están a piques de facer un ano e que se popularizaron a través dos cancelos #DefendeAGalega e #VenresNegros. Con elas, queren chamar a atención sobre a manipulación informativa, o desmantelamento dos medios públicos e as dificultades crecentes para desenvolver o traballo con criterios profesionais.

Esta loita do persoal, sen precedentes nos medios públicos galegos, conseguiu popularizar entre a cidadanía reclamacións básicas para a deontoloxía profesional e a liberdade de intormación, como a necesidade de traballar sen presións externas, a defensa do público ou a creación dun Consello de Informativos. Defende A Galega converteuse no símbolo dunha pelexa pacífica e tenaz que desborda os límites da televisión e da radio públicas e que debera involucrar non só a toda a profesión xornalística senón ao conxunto da sociedade galega.

Ao longo destes meses, Defende A Galega realizou numerosas mobilizacións que inclúen a manifestación Pola dignidade dos medios públicos o 8 de setembro do ano pasado, paros parciais en varias xornadas de novembro e decembro ou unha folga de 24 horas o pasado 19 de decembro. Nese tempo, a Comisión de Regulamento do Consello de Administración da CRTVG puxo en marcha o debate sobre a creación do Estatuto Profesional e o Consello de Informativos que dispón a Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia, pero tamén se produciron expedientes e desprazamentos de traballadores críticos que foron vistos como represalias ao labor reivindicativo de Defende A Galega.

Defende A Galega sumase así á lista de gañadores do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Ali Lmrabet (2005); Le Monde Diplomatique (2006); Jon Lee Anderson (2007); José Vidal – Beneyto (2008); Rosa María Calaf (2009); Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010); WikiLeaks (2011); o Consejo de Informativos da RTVE (2012); Mónica García Prieto (2013), Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas (2014), Jordi Évole (2015), Miguel Ángel Aguilar (2016), Xosé Hermida (2017) e Julia Otero (2018) foron ata agora os galardoados coa estatuiña das ‘Ás Ceibes’.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, creado pola Lei do Parlamento Galego 2/1999 do 24 de febreiro, e o Club de Prensa de Ferrol organizan o premio co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago