Información
Xunta de Galicia

O persoal da CRTVG mobilízase contra o desmantelamento, a manipulación e a represión política dos servicios públicos e da información que pretenden facer chegar a ciudadanía

Información
21 Diciembre 2018 950 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Traballadoras e traballadores da CRTVG concentrábanse a primeira hora desta mañá diante do Parlamento de Galiza para denunciar que, desde hai anos, os medios públicos galegos están a ser sometidos a unha estratexia de “progresivo desmantelamento, continua manipulación informativa e infame represión” contra quen se mobilizan en defensa deste servizo público.

María del Mar Sánchez Sierra ejerce el control total de Amtega e os Clústers TIC e do Audiovisual ... | Retegal- Xunta de Galicia...(+)

Ver  su cargo como Consejera y empresaria...desde 25/04/2013, en REDES DE TELECOMUNICACION GALEGAS RETEGAL SA(+)

Entramado relacionado con Mar Sánchez Sierra...(+)  Facturación anual Entre 2 y 10 millones de euros Últimas cuentas 2017...(+)

Desde alí máis de 300 profesionais partiron, xa contra o mediodía, en manifestación cara a praza Roxa coincidindo cunha nova xornada de folga en defensa do servizo público audiovisual de Galiza.

Entre mentres as instalacións da CRTVG ficaban baleiras por mor do masivo seguimento da folga, que foi secundada por máis do 90% das traballadoras e traballadores. Mesmo programas como Bos Días cortaban a súa emisión por mor desta convocatoria.

No manifesto ao que deron lectura ao remate da mobilización subliñan o desmantelamento do que está sendo obxecto a CRTVG porque desde o aceso do PPdeG á Xunta da Galiza, en outubro do ano 2009, sufriu un recorte orzamentario de perto do 40%, que “enfraqueceu a súa estrutura e dimensión, mermando a capacidade para garantir internamente a continuidade, a coerencia e a calidade da oferta de programas e servizos audiovisuais”.

A este respecto denunciaron a política planificada de redución da produción propia, que provocou a desaparición da grella da radio e a televisión de Galiza a programación cultural, coa supresión de espazos como Miraxes, Onda Curta, Libro Aberto, Aberto por reformas, Banda Curta, Planeta Furancho, Eirado, Onda Vital, Alalá, Diario Cultural. Isto xunto a redución da atención prestada á infancia e á xuventude, con renuncia dos medios públicos á súa  función educativa, socializadora e galeguizadora; a ampliación da externalización do resto da programación, “escamoteándose o control público das producións contratadas e favorecéndose o clientelismo político e empresarial”.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular

 Acceso Suscriptores Xornal Galicia. María del Mar Sanchez Sierra, Asesora personal de Feijóo y Secretaría de Medios, Presidenta de Fundación Camilo José Cela, Presidenta de AMTEGA; Vocal del Puerto A Coruña,  lidera una pirámide de coacciones, amenzas, persecución y acoso judicial con raíces en la Xunta de Galicia presuntamente financiada con fondos públicos, pretendiendo causar el mayor miedo y terror contra Miguel Delgado Director de Xornal Galicia y Presidente de Pladesemapesga..+  

Perda de calidade dos informativos

Polo que respeita aos contidos informativos, denunciaron tamén a desaparición da grella dos xéneros de longa duración e de investigación, necesarios para a contextualización, aprofundamento, interpretación e comprensión da realidade. Mais tamén a exclusión dos debates sobre os asuntos de importancia para a sociedade galega da canle e horarios de maiores audiencias.

O persoal da CRTVG rexeita o peche dos centros territoriais (as delegacións de Ferrol, Burela e Pontevedra) e a supresión da grella da Radio Galega das desconexións locais, espazos fundamentais para o dereito da cidadanía a acceder ao que acontece no seu contorno máis próximo e para dar un punto de vista máis plural e diverso do noso país.

Nesta situación, consideraron “inadmisíbel que sete anos despois de se aprobar a Lei dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galiza aínda estea sen desenvolver o contrato-programa”. Un instrumento que consideran estratéxico e cuxa principal función é dotar á CRTVG da estabilidade necesaria, fixando por períodos de tres anos as achegas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, os obxectivos (entre outros) da política de persoal, e os contidos de servizo público que deban emitirse e as percentaxes de xéneros de programación.

Contra a manipulación informativa

Respecto da manipulación informativa alertaron do sometemento dos medios públicos ao control gobernamental, que “dá lugar á vulneración do dereito fundamental das galegas e galegos a recibir informacións obxetivas, imparciais, veraces e plurais nas fontes e actores”.

A este respecto lembraron que desde o nomeamento do Director Xeral da CRTVG e dos/as sucessivos/as directores/as dos servizos informativos da Radio Galega e a Televisión de Galicia nomeados por aquel, o Comité Intercentros da CRTVG “vén denunciando a continua violación dos principios deontolóxicos aos que estamos obrigados por lei” e deu amparo a traballadoras e traballadores que, directamente ou a través do blog Eunonmanipulo, denunciaron “centos de casos de manipulación e silenciamento de informacións na televisión e a radio públicas de Galiza (ocultamento de mobilizacións contra leis e decisións do goberno, rexistros nas sedes do PP, colapsos hospitalarios, incendios...)”.

De feito, salientaron que tan só no primeiro ano de actuación de Eunonmanipulo se documentaron máis de 700 casos de manipulación informativa.

Nesta situación, entende que é igualmente inadmisíbel que sete anos despois da aprobación da Lei dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, estean sen aprobar as normas de organización e funcionamento do consello de informativos, como órgano interno de participación dos profesionais da información, co fin de velar pola independencia, a veracidade e a obxectividade dos contidos informativos.

Contra a “infame” represión

Respecto da “infame” represión aseguraron que a dirección da CRTVG, lonxe de preocuparse por cumprir as funcións de servizo público para as que foi creada, “se dedican a abrir expedientes disciplinarios a traballadoras e traballadores comprometidos coa denuncia do desmantelamento do servizo público audiovisual e a manipulación informativa”.

Así lembraron os casos de Tati Moyano, á que acusaron de se ter maquillado utilizando os medios da Televisión de Galicia para presentar unha gala benéfica contra o cancro no pasado día 22 de xuño. Nesa gala, Tati Moyano, vestida de negro, fixo unha defensa da pluralidade dos medios públicos, en presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Case un mes despois de concluído o proceso contra Moyano, a dirección da CRTVG iniciou un novo expediente sancionador, desta volta contra o locutor da Radio Galega Carlos Jiménez, ao que imputa o cargo de competencia desleal, con sanción de despedimento disciplinario, por exercer como locutor nun programa producido por unha produtora para a sua emisión pola propia TVG. “Jiménez ten concedida unha compatibilidade hai unha década”, sinalaron, “tempo no que realizou múltiples locucións para programas emitidos nos medios públicos”. Na actualidade, este recoñecido profesional da Radio Galega é un activo participante nas mobilizacións dos venres negros.

Este retrato xeral dos medios públicos galegos é o que está contestando cun seguimento maioritario da folga acordada en asemblea, o pasado día 8 de novembro, con cinco xornadas alternas de paros de dúas horas en cada quenda de traballo, do día 20 de novembro ao 2 de decembro, e unha xornada de paro de 24 horas hoxe mesmo, extensíbel á quenda de fin de semana no próximo día 22, coincidindo coa Lotaría de Nadal.

Unha folga coa que, ademais, tentan apelar á conciencia das galegas e galegos, e das súas organizacións representativas, para que recollan o testemuño na defensa dos medios públicos de Galiza.

Para o persoal da CRTVG, no actual contexto de converxencia tecnolóxica, con independencia e coas necesarias reformas na concepción, organización e funcionamento, a radio e a televisión públicas de Galiza poden converterse, a medio prazo, na única posibilidade de existencia de medios xeralistas en aberto (sen prexuízo das súas extensións temáticas e servizos en liña) que “garantan dereitos básicos da cidadania galega, como a defensa da sua identidade cultural e lingüística; a información obxetiva, imparcial, veraz e plural; o dereito de acceso dos grupos políticos e sociais significativos; a diversidade e a variedade de contidos audiovisuais; a atención á infancia e á xuventude; a asistencia aos segmentos mais desfavorecidos e a cohesión social. En definitiva, o servizo público e a defensa dos intereses xerais da Galiza”.

Directivos relacionados con SANCHEZ SIERRA MARIA DEL MAR....(+) publicado en; Accede a la información de empresas españolas y sus administradores

23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)