A Plataforma SOS Sanidade Pública preocupada pola deterioración da Sanidade Pública Galega orquestada por Feijoo.
A Plataforma SOS Sanidade Pública preocupada pola deterioración da Sanidade Pública Galega orquestada por Feijoo.
Información
24 Diciembre 20189625 votos - Registrate para votar
A Plataforma SOS Sanidade Pública quere mostrar a súa preocupación pola deterioración da Sanidade Pública Galega resultado da política de recortes, desmantelamento e privatizacións levadas a cabo pola Xunta presidida por Núñez Feijoo.
1,-Aínda que os problemas afectan a todo o sistema:
Áreas Sanitarias, hospitais, POVISA, servizos de saúde mental, programas da muller e ao persoal médico, de enfermaría, auxiliares, celadores, etc, etc, é na Atención Primaria onde se concentra con maior intensidade pola escaseza de orzamentos, os recortes de persoal (especialmente en pediatría), a masificación de centros e consultas, o sometemento ás xerencias hospitalarias que limitan a súa autonomía e os seus recursos.
Esta situación fai imposible que os Centros de Saúde desenvolvan as actividades de promoción e prevención de saúde, así como que poidan prestar unha asistencia de calidade e teñan capacidade resolutiva. 2.- Por todas estas razóns desde a Plataforma SOS Sanidade Pública cremos que a Atención Primaria chegou ao límite e apoiamos tanto a mobilización da AP de Vigo e a dimisión do 80% dos xefes de servizo da área de Vigo como a mobilización dos traballadores dos PAC, os peches das urxencias no CHUS e as convocatorias de paros e manifestacións convocadas en numerosas áreas. Esta rebelión organizada polo persoal sanitario co respaldo das Xuntas de Persoal, esixe medidas reais para acabar coa deterioración da Atención Primaria en toda Galicia e en todo o sistema sanitario.
3.- Chegou o momento de organizar unha gran mobilización unitaria sanitaria e social en apoio das reivindicacións dos traballadores sanitarios e da poboación de numerosos concellos que protestan polo peche de consultas, a supresión de pediatras ou a masificación dos centros.
Desde SOS Sanidade Pública animamos a toda a poboación a sumarse á manifestación convocada pola Atención Primaria de Vigo o 27 de decembro, ás 20,00 horas, con saída do PAC de Vigo da rúa Pizarro.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)