Feijoo gasta máis nun libro sobre a catedral de Santiago que nas familias desfavorecidas.
Feijoo gasta máis nun libro sobre a catedral de Santiago que nas familias desfavorecidas.
Información
25 Diciembre 20188893 votos - Registrate para votar
O orzamento da Consellaría da Cultura de 2018 destina 200.000 euros á adquisición de novidades editoriais en galego para nutrir bibliotecas, arquivos e museos. Pois ben: o Consello da Xunta aprobou a pasada quinta feira unha axuda de 210.000 euros só para un libro sobre a catedral de Santiago.
Denunciouno o editor Manuel Bragado na súa conta de twitter. “A Xunta dedica máis cartos á edición dun libro sobre a Catedral de Compostela ca a todos os fondos dedicados este ano á adquisición de novidades editoriais en galego”,escribiu.
Dez mil euros máis, en concreto, dos que figuran nas partidas da Secretaría Xeral de Cultura, programa de bibliotecas, arquivos, museos e equipamentos culturais para "subvencións para adquisicións de novidades editoriais en galego".
O volume sobre a basílica compostelá, que verá a luz como parte do programa do Xacobeo 21, “permitirá”, segundo a nota da xuntanza do Goberno galego, “unha comprensión integral do templo, enriquecida polos descubrimenros e coñecementos xerados coa actual restauración”.
Organizado en dous volumes, será resultado dun convenio por 210.000 euros entre Turismo de Galicia e a propia catedralsegún o diario sermosgaliza.gal.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)