Información
Lumes

Os axentes forestais e medioambientais denuncian que a Xunta pretende duplicar as súas funcións para enchufar un colectivo sen titulación

Información
Xunta de Galicia 29 Julio 2019 4106 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

OS AXENTES FORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS DENUNCIAN QUE A XUNTA PRETENDE DUPLICAR

AS SÚAS FUNCIÓNS PARA ENCHUFAR

UN COLECTIVO SEN TITULACIÓN ESPECÍFICA

O goberno de Feijóo quere funcionarizar a celadores como vixilantes de recursos naturais, desprezando o ciclo superior requerida agora

29 de xullo de 2019.- A Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (APRAFOGA) denuncia que a Xunta pretende duplicar as funcións destes dous corpos e dos futuros axentes técnicos en xestión forestal enchufando na función pública un colectivo para o que non se require a titulación específica.

 

Nunha proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para negociar coas entidades sindicais, o persoal laboral da categoría celador (009) podería efectuar tarefas como Vixilantes de Recursos Naturais (VRN) no seu proceso de funcionarización. Para iso, o goberno autonómico declara a extinguir dúas escalas para as que desde sempre se requeriu posuír unha titulación específica, na actualidade un ciclo superior e anteriormente un ciclo medio.

Deste xeito, o executivo de Núñez Feijóo permitiría entrar pola porta de atrás a un colectivo sen titulación específica, que desenvolvería tarefas de policía administrativa. O novo corpo, denominado Gardas de Recursos Naturais no grupo C2, duplicaría as funcións dos actuais axentes forestais (grupo C2) e axentes facultativos medioambientais (grupo C1), así como dos futuros axentes técnicos en xestión forestal (grupo B).

APRAFOGA califica a pretensión da Xunta de “atropelo e insulto á xente que investiu o seu tempo vital preparándose para obter as titulacións de grao medio e superior para optar a unha praza de axente ambiental cando agora se quere crear un corpo descafeínado onde esas titulacións xa non valen para nada”.

A asociación defende que a opción máis lóxica e sensata sería que os actuais Vixilantes de Recursos Naturais poidan funcionarizarse como axentes facultativos medioambientais ou como axentes técnicos en xestión forestal, sempre que cumpran os requisitos de titulación específica e mediante o proceso selectivo correspondente. “Non se entende que se cree un novo corpo reducindo os requisitos para a súa cobertura e por riba se dupliquen as funcións dos actuais axentes ambientais”, aseguran desde APRAFOGA.

Sanidad gallega: Así funcionan los enchufes y el nepotismo del PP ...

https://www.publico.es/.../sanidad-gallega-funcionan-enchufes-nepotismo-pp-asegurar...

18 mar. 2018 - Un estudio de Batas Blancas constata cómo la Xunta utiliza las ... de las once áreas de gestión sanitaria de Galicia –entre ellas la del propio ...

Procesada por enchufismo una diputada autonómica del PP gallego ...

https://elpais.com › Galicia

3 dic. 2015 - La ratificación del procesamiento de la parlamentaria se produce a escasos dos meses de que el presidente de la Xunta y del PP de Galicia ...

 

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+