Información
Sergas

Denuncian desde AGDSP que a hospitalizacion a domicilio do PPdeG (Sergas) é pouco atractiva para o modelo de mercado sanitario que desenvolve o Sr. Feijoo

Información
Xunta de Galicia 10 Julio 2019 444 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ante a información do presidente da Xunta da extensión da Hospitalización a Domicilio para atender a pacientes crónicos a toda Galicia, incrementando sus recursos, desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos comunicar:

 

1- Que esta medida supón un novo avance no modelo medicalizado e hospitalo- céntrico do SERGAS e unha nova descapitalización e depauperación da Atención Primaria (pouco atractiva para o modelo de mercado sanitario que desenvolve o Sr. Feijoo.

2.- A Xunta recortou o orzamento e o persoal da AP en 190 millóns de euros desde o 2009, mentres aumentou o hospitalario en 435 millóns.

3.- Durante os últimos anos á AP amputáronselle servizos esenciais para garantir a súa función de eixo do sistema: a atención de urxencias que pasou aos PAC (á conta da continuidade da atención), os programas de detección precoz de enfermidades substituídos por screening poboacionais controlados polos hospitais (moi custosos e de resultados incertos) ou o control das baixas laborais por enfermidade, trasladado ás mutuas, etc.

4.- A AP perdeu ademais a súa autonomía de xestión que pasou ás xerencias hospitalarias tras a creación das EOXIS (a Xunta modificou para iso a Lei Galega de Saude).

5.- Aínda que algúns sectores profesionais poden percibir todo isto como un alivio da carga de traballo, a realidade é que supón un paso máis na senda de transformar a AP nun nivel cada vez máis subalterno e irrelevante.

6.- Dous datos reflicten esta situación de deterioración e abandono da AP:

  • A fuxida de parte da poboación de maior nivel económico aos seguros privados (o 20% da poboación ten seguro privado, que creceu un 3,4% en 2016, 4,24 en 2017 e 5,6% en 2018.

  • A utilización disparada dos servizos de urxencias pola pobación: supuxeron 19,9% das consultas en 2009, 27,1 en 2011 ou 27,1 e 30,15 non 2017. Isto é o resultado das listas nos Centros de Saúde e as dificultades de acceso a probas diagnósticas da AP. Esta utilización asóciase con maior risco para os pacientes polo descoñecemento do paciente, pérdida da continuidade da atención e un aumento dáamedicación).

7.- Consideramos necesario e urxente acabar con estas medidas de corte electoralista e plantexar a potenciación e reforma da AP como garantía para a accesibilidade, a racionalidade e a calidade dá atención de saúde.

Asoacion Galega para a Defensa da Sanidade Publiuca

9 de xullo do 2019

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+