O crecemento dos pacientes en Listas de Espera en Galicia e a subvención descarada do sector sanitario privado mostran as graves consecuencias da política de priorizar a concertación de servizos asistenciais coa privada (a axenda oculta da Xunta)
1.- Aínda que o obxectivo teórico dos concertos é reducir as listas de espera utilizando recursos privados con carácter complementario, segundo os últoimos datos publicados pola Asociación de Hospitais de Galicia ( AGOSGAL) , o SERGAS destinou a concertos privados a friorenta de 826 millóns de euros entre o 2012 e o 2015.
2.- Pese a esta política os pacientes listas de espera crecen de maneira sostida:
- En xuño deste ano os enfermos pendentes de probas diagnosticas eran 7.618 mais que nas mesma data do ano pasado e os pendentes de consulta 7.013 máis.
- A espera cirúrxica para os enfermos con Prioridade 1 (os mais graves e nos que a demora ten importantes consecuencias para a saúde) creceu de 15 días a 16,2 nesas mesmas datas
- A demora na realización de probas diagnósticas aumento un 38,1%, especialmente nas de radioloxía, endoscopia, estudos oftalmolóxicos e urolóxicos.
3.- Pero ademais, segundo denuncia o Consello de Contas no seu último informe, o SERGAS subvenciona descaradamente ás mutuas laborais, compañías de seguros de accidentes de trafico e de asistencia sanitaria, non cobrándoas os servizos prestados con recursos públicos. O SERGAS deixou de ingresar 50 millóns de euros por este concepto entre 2012 e 2015 segundo a mesma AHOSGAL.
4.- Todo isto unido á nova concertación por lotes (que inclúen toda a atención hospitalaria dunha área), a renovación escandalosa do Concerto Singular con POVISA ( Consello de Contas), a privatización da xestión dos novos hospitais a prezos exorbitantes (como o Álvaro Cunqueiro), ou o pago polos novos e custosos fármacos , esta levando ao sistema a unha descapitalización, que de non frearse podería ser irreversible a medio prazo.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
11 de agosto do 2019