Información
Sergas

Rodil: “A Xunta de Galiza responde ao deterioro da sanidade pública con tiritas e parches”

Información
Xunta de Galicia 12 Agosto 2019 680 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Lembra que tras un ano do falecemento dun paciente no PAC da Estrada e  numerosas mobilizacións sociais, o Goberno de Feixóo segue na senda de desmantelar a Sanidade pública galega

 

A vicepotarvoz do Grupo parlamentario do BNG, Olalla Rodil afirma que ante o “grave deterioro da Sanidade pública, a Xunta responde con tiritas e parches”. A deputada nacionalista lembra que lembra que tras un ano do falecemento dun paciente no PAC da Estrada e de numerosas mobilizacións, “o Goberno de Feixóo segue na senda de desmantelar a sanidade pública” como evidencian os graves problemas derivados por falta de persoal, listas de espera en Atención Primaria e que  moitos centros de saúde continúen sen pediatras. Ante esta situación, o  BNG exixe á Xunta “menos propaganda e máis recursos”.

A parlamentaria sinala que nos concellos de Abegondo, Oza e Cesuras ou de Barreiros, Mondoñedo e Lourenzá,  o SERGAS non cubre as vacacións das e dos profesionais impedindo que as nenas e nenos accedan á atención especializada durante o verán.

Unha situación, explica, que se estende aos centros de saúde da Coruña,  Salnés ou Moaña onde a falta de profesionais obriga ás persoas  doentes a agardar até quince días por unha consulta no médico de cabeceira.

Para a deputada, a situación na sanidade pública tornase máis grave no período do verán coa chegada de numerosos turistas e emigrantes retornados que incrementan a  poboación en moitas vilas e cidades galegas aumentando tamén a demanda de atención sanitaria e  atopando “centros de saúde saturados por falta de persoal” o que provoca  “unha importante merma na calidade asistencial e no dereito a recibir unha atención sanitaria de calidade”.

Ollala Rodil asegura que “o responsábel único desta situación é o Goberno de Feijóo” e a súa política sanitaria “para  desmantelar e precarizar, aínda máis a Sanidade pública galega” como reflicte o último informe do Consello de Contas, remitido recentemente ao Parlamento, e advertindo do aumento da interinidade e temporalidade entre o persoal do SERGAS.

Malia as mentiras e a propaganda do Partido Popular e de Feixóo, recalca Rodil “a realidade imponse” e no  último exercicio fiscalizado polo Consello de Contas os índices de temporalidade entre o persoal sanitario situáronse no 40% en atención especializada e o 28,1% en primaria que supón un incremento de dous puntos a respecto do ano anterior.

“O BNG exixe condicións de traballo dignas para as e os profesionais e dotacións orzamentarias suficientes para garantir o dereito fundamental das galegas e dos galegos a unha sanidade pública e de calidade, tamén en verán”, reitera a deputada.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+