Información
Sergas

O Pleno insta a Feijóo a garantir a asistencia sanitaria no centro de saúde de Bouzas

Información
Xunta de Galicia 05 Septiembre 2019 1300 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Marea de Vigo e BNG apoiaron a moción do PSdeG-PSOE fronte ao voto contrario do PP. Tamén saíron adiante dúas propostas socialistas, unha demandando á Xunta a creación de dúas escolas infantís na cidade e outra instando ao goberno autonómico a que se achegue fondos para a reforma do Estadio de Balaídos.


O Pleno de Vigo reclamou este mércores ao presidente da Xunta a que garanta a asistencia sanitaria axeitada da veciñanza de Bouzas no centro de saúde recuperando o proxecto comprometido en 2008 e garantindo o dobre de consultas de medicina xeral, unha consulta de pediatría, un traballador social e incorporando o persoal sanitario suficiente.

A edil María José Caride defendeu a moción, que recibiu o apoio dos grupos mixto e non adscrito e foi rexeitada polo PP, criticando a "tomadura de pelo" que supuxo a redución do proxecto á metade respecto ao proxecto de 2008. Pérez Igrexas do BNG relacionou o recorte do proxecto co desmantelamento da sanidade pública por parte da Xunta, mentres Rubén Pérez pediu ao goberno autonómico que estude o proxecto consonte a realidade demográfica e sanitaria da cidade e Teresa Egerique defendeu o proxecto que supón contar cun centro de saúde máis en Vigo.

Escolas infantís da Xunta en Vigo
Cos votos favorables de Marea de Vigo e BNG e a abstención dos populares, o Pleno de Vigo insta á Xunta de Galicia a introducir nos orzamentos de 2020 unha partida para a creación polo menos de dúas escolas infantís na cidade. O edil de Educación, Gorka Gómez, criticou que a Xunta de Galicia non cumpra coas súas obrigas nesta materia poñendo en valor a creación por parte do Concello de catro novas escolas infantís municipais desde o ano 2012. O nacionalista Pérez Igrexas concordou na obriga autonómica de crear prazas na cidade pero propuxo a ampliación da rede de escolas municipais, concordando con Rubén Pérez, voceiro de Marea, que alentou ao Concello a seguir creando novos centros. A edil popular Patricia López Román defendeu a política educativa da Xunta na cidade onde conta, dixo, con 700 prazas máis que o Concello.

Financiamento do Estadio de Balaídos
O voceiro do grupo socialista Carlos López Font defendeu a moción do seu grupo instando á Xunta de Galicia a que se implique na reforma do Estadio de Balaídos participando na mesma proporción que o Concello e a Deputación de Pontevedra, achegando ao redor de 5,33 millóns de euros, un terzo da reforma da bancada de Marcador. Marea de Vigo apoiou a moción mentres o BNG se abstivo e o PP votou en contra.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.