Información
Sergas

COLECTIVOS ESTUDANTÍS PROTESTAN CONTRA A XESTIÓN DA TARXETA UNIVERSITARIA POLO BANCO SANTANDER

Información
Xunta de Galicia 10 Septiembre 2019 2164 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
A entidade bancaria insta aos alumnos a abrirse contas para facerse a tarxeta das distintas universidades galegas, dando a entender que é obrigatorio cando non o é 
 Santiago de Compostela, 10 de setembro, 2019
 
Estudantes adscritos ao sindicato estudantil ANEGA e á Candidatura Unitaria Estudantil (a organización de estudantes maioritaria do claustro da USC) protestaron en Santiago de Compostela ante as instalacións do Banco Santander na universidade, posto que a súa xestión da expedición das tarxetas universitarias servelles para instar aos estudantes a abrir contas bancarias, supostamente necesarias para empregar as funcións de dita tarxeta. Sen embargo, todos os usos da TUI (USC), TIU (UDC) ou Carné Universitario (Uvigo), tales coma préstamos de biblioteca ou acceso a instalacións deportivas, poden empregarse sen necesidade de abrir conta algunha. 
 
Moitos son os estudantes que protestan porque, unha vez comezan a empregar a tarxeta, descobren que a conta que lles empurraron a abrir resulta totalmente inútil. Dende ANEGA (Asemblea Nacional das Estudantes Galegas) consideran que este engano é unha consecuencia visible da mercantilización da universidade pública en favor dos intereses de empresas coma o Banco Santander. 
 
Mentres o estudantado afronta unha constante precarización das súas condicións de vida (pisos de aluguer en malas condicións, empregos paralelos, becas con requisitos abusivos que chegan tarde), estas empresas teñen vía libre na universidade, favorecendo a concepción da educación coma unha mercadoría ou mesmo un privilexio polo que competir. Isto maniféstase ademais, na pasividade e complicidade que a Xunta e os reitores das universidades galegas manifestaron ante os plans de Abanca de crear unha universidade privada en Galicia. Dende o sindicato estudantil afirman que este tipo de iniciativas son o contrario do que se debe facer para lograr unha educación pública de calidade e accesible para toda a mocidade. 
 
Páxina web: anega.gal
Twitter, Instagram: @anegaestudantes 
Facebook: /AsembleaANEGA/ 

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+