Información
Sergas

Exixen ao SERGAS medidas ante a previsíbel falta de persoal en Atención Primaria en decembro

Información
Xunta de Galicia 08 Octubre 2019 2284 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

CIG-Saúde exixe do SERGAS e da consellaría de Sanidade a convocatoria inmediata, en cada EOXI, dunha comisión técnica para planificar as medidas a adoptar no mes de decembro en atención primaria. Advirte de que durante o Nadal haberá ausencias de persoal por vacacións e días libres aos que teñen dereito, que isto vai coincidir coa vaga de gripe –que tamén afecta ás/aos profesionais- e que “non se pode repetir a situación xerada no verán”.

 

A CIG-Saúde reclama ademais que as organizacións sindicais formen parte desas comisións nas que entende que se teñen que analizar, entre outras cuestións, cantas traballadoras e traballadores van gozar de vacacións ou días libres nese período; cales son as previsións de baixas por enfermidade das e dos profesionais; como incidiu a gripe no número de consultas dos anos anteriores nos centros de saúde, nos PACs e nos domicilios e todas as cuestións que teñan relevancia na planificación dos recursos humanos e de asistencia.

Medidas a adoptar

Entre as medidas a adoptar, a CIG-Saúde propón a oferta dun contrato continuado de afectación a todos os colectivos, para a cobertura de ausencias desde o 1 de decembro até que descenda a vaga de gripe.

Xunto a isto, e de non existir persoal suficiente nalgún colectivo, considera que se debería ofertar a prolongación de xornada. Ademais, demanda que as ofertas de traballo en PACs leven implícita a retribución de nocturnidade e festividade.

No referente a atención ordinaria o obxectivo é que non se pechen axendas e, polo tanto se dean citas todos os días e evitar a intersubstitución, que é que as e os profesionais vexan durante a súa xornada de traballo ademais das/dos doentes do seu cupo as/os citados para a compañeira ou compañeiro ausente.

Para a CIG-Saúde, o que non pode facer o SERGAS é agardar a ofertar a cobertura das ausencias cando xa non haxa persoal dispoñible, porque as/os profesionais teñen ofertas na sanidade privada que melloran as condicións de traballo da sanidade pública

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+