Información
Sergas

A "luguriosa" sanidade de Feijóo e do seu PPdeG se reflicte na REsonancia de preferentes máis dun ano de espera

Información
Xunta de Galicia 10 Octubre 2019 2478 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A situación das mulleres con endometriose desminte a maquillaxe das cifras na lista de espera do SERGAS. MENTRES SUA PARELLA DA A LUZ A SEU FILLO NUN HOSPITAL PRIVADO DOS MAIS CAROS DE GALICIA.

Máis dun ano esperando a cita para unha resonancia preferente que segue sen ter data de realización.

Cada certo tempo vemos roldas de prensa ou declaracións de sinalados membros da Consellería de Sanidade felicitándose porque as listas de espera que aturamos os galegos e galegas lles parecen moi satisfactorias. A realidade coñecémola de primeira man as mulleres que padecemos endometriose.

 

Os servizos de xinecoloxía están saturados e raramente se cumpre a previsión de consultas que piden os xinecólogos. Cando eles piden revisións en 3-4 meses vista esas consultas prodúcense con retrasos que rondan os 9-10 meses.  A isto hai que engadir o problema non menor das probas complementarias que son imprescindibles para manexar debidamente os casos e axustar tratamentos, prescribir outros novos ou mesmo establecer a necesidade de cirurxías.

As listas de espera en probas de resonancia rozan o escándalo. Realmente moitas destas mulleres non figuran en ningunha lista de espera porque non teñen data para a realización da proba. Exemplificamos cun caso concreto dunha das mulleres da asociación. Esta enferma leva agardando dende o 5 de outubro de 2018 para unha resonancia que a xinecóloga clasificou como PREFERENTE. Pasado un ano segue sen ter data asignada para a realización da mesma.

 

5/10/2018.- Xinecóloga da consulta de endometriose solicita resonancia PREFERENTE para unha paciente que ademais de sospeita de endometriose ten xa diagnosticada unha enfermedade de Crohn.

25/01/2019. Cita coa xinecóloga. Nesta cita deberían verse os resultados da resonancia preferente. Non estaba feita nin tiña data para a súa realización. Nese mesmo día a paciente presenta a Primeira reclamación escrita da paciente ante o SERGAS porque non ten cita. Nesa cita, en vista que non ten a resonancia, a xinecóloga dille que pida cita con ela para 4 meses despois. Como as axendas están cerradas danlle cita para 9 meses despois.

1/02/2019.- Contestación do SERGAS á reclamación feita dicindo que non é posible darlle unha data alternativa.

16/09/2019.- Nova cita coa xinecóloga. Segue sen ter feita a resonancia preferente e  sen ter data para a súa realización.

3/05/2019.- A paciente chama a raios.  Dinlle que mirarán se é posible darlle unha cita.

11/07/2019.- A paciente presenta novamente reclamación no Sergas xa que segue sen cita.

A este escrito recibe unha contestación dicindo que a súa cita foi reasignada ao Centro UX. Radiodiagnóstico XXIAC

3/10/2019. A paciente presenta unha nova reclamación porque segue sen data para facer a resonancia preferente.

A asociación querENDO Mulleres con endometriose cre que é inadmisible o silencio do SERGAS para adxudicar data ao longo de máis dun ano para unha resonancia que insistimos se solicitou con carácter de preferente. Ao mesmo tempo cuestionámonos de que serven todas as citas intermedias co xinecólogo cando a proba non se realizou. Este xeito de organización multiplica as asistencias destas mulleres á consulta de Primaria e a urxencias desperdiciando recursos por falta de atención ao seu debido tempo.

A asociacion querENDO pide unha solución a este problema de retrasos intolerables en probas complementarias que teñen a clasificación de preferentes e máis nos casos daquelas que son clasificadas como PREFERENTES.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+