Información
Sergas

O primeiro parto tras o peche do paritorio de Verín confirma que a decisión da Xunta de Galicia é un erro gravísimo

Información
Xunta de Galicia 12 Diciembre 2019 1180 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Luís Villares califica como inmoral que para aforrar cartos, para poder beneficiar aos ricos coas rebaixas de impostos, se pechen de forma indecente servizos básicos. AUDIO: https://www.dropbox.com/s/pbq0ay1agch3sw5/Audio%20Villares%20rolda%20de%20voceiros%2012%2012%2019.MP3?dl=0

Santiago, 12 de decembro de 2019. Esta noite unha muller deu a luz de urxencia no Hospital Comarcal de Verín e foi separada do seu fillo nada máis nacer, para ser trasladado ao Hospital de Ourense pola falta de pediatra no momento do seu nacemento.  Con esta actuación púxose en risco a unha nai e a un fillo que veu ao mundo de xeito natural e confirmou que por unha mala decisión política incurriuse nunha mala praxe pediátrica,  a de separar ao meniño e a súa nai nada máis nacer, cando estaba en primeira lactancia vital.


 
O voceiro de En Marea, Luís Villares, manifestou o seu malestar cunha decisión totalmente errada, pois “é inmoral que para aforrar cartos e poder beneficiar aos ricos coas rebaixas de impostos se peche de forma indecente o paritorio con consecuencias como as que estamos vendo”.
 
O feito é que a separación da nai e do neonato está totalmente desaconsellada pola Organización Mundial da Saúde, por Unicef, polo Ministerio de Sanidade, pola Sociedade Española de Pediatría, pola Asociación de Matronas e por practicamente todos os protocolos a nivel mundial de atención ao parto. Segundo Villares a Xunta aínda está a tempo de escoitar a cidadanía e ao seu propio partido en Ourense e rectificar nunha decisión totalmente errada: “o desta noite é a consecuencia dunha decisión inadecuada e errada pedímoslle a Núñez Feijóo que rectifique de forma inmediata. Que ten que pasar para que se rectifiquen as decisións erróneas da Xunta de Galicia? Foron vulneras todas estas prescricións medicas pediátricas para aplicar unha decisión política de violencia institucional contra as mulleres e contra os recén nacidos. Hoxe vimos un acto de inhumanidade e inmoral cuxo máximo responsable é Núñez Feijóo.”
 
En Marea amosará no pleno da vindeira semana “con cifras e con nomes, porque detrás dos números hai persoas que é o que non entende o Partido Popular, que o paritorio vai seguir aberto porque, salvo os 44 asinantes do Hospital de Ourense, o resto da comunidade científica a nivel mundial desacaonsella o que se está facendo no Hospital de Verín” rematou o voceiro.
 
DESENVOLVEMENTO DO MAPA DE TRANSICIÓN SOsTIBLE PARA GALICIA E DEFENSA DA UNIVERSIDADE PÚBLICA
 
De cara ao vindeiro pleno Luís Villares anunciou que En Marea defenderá unha transición sostible para Galicia, o desenvolvemento de proxectos pilotos nas hipercomarcas máis afectadas polo peche das centrais, o traballo neses concellos para a captación de recursos que supoñan unha aposta polo I+D nas enerxías renovables e obrigar a Endesa e a Naturgy, que tantos beneficios acadaron explotando recursos naturais e o seu impacto ambiental, a ser partícipes de iniciativas empresariais no eido das renovables: “se tanto presumen de loitar contra o cambio climático que deixen de mercar portadas de xornais e se vinculen coa transición enerxética xusta e sostible do noso país”.En Marea tamén preguntará polas razóns que ten a Xunta de Galicia para promover a entrada da universidade privada no Sistema Universitario de Galicia, algo que o voceiro definiu “un paso máis, o corolario, da estratexia clara de Núñez Feijóo de privatizar o sistema universitario galego que chega despois de anos de asfixia das universidades públicas, impedindo o aumento de prazas e impedindo a creación de novas titulacións. Isto é totalmente inaceptable en termos educativos e de investigación”.Abanca vén agora a competir coa universidade pública cos 9 mil millóns de euros do seu rescate que os galegos e as galegas non imos recuperar: “o que non queremos é que os bancos vampiricen a universidade nin que os políticos degraden a universidade pública”, rematou.Vídeo completo: https://youtu.be/lfj3YGk3bek

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+