Imprimir

Sr Feijoo y Sra Mar Sänchez Sierra ¡ la respuesta a su publicidad institucional ! 1.500 PERSOAS LEVAN 3 MESES SEN MÉDICO NO C.S. DE CARBALLO

Información
Sergas | 08 Febrero 2020 | 3617 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image
 
FEIJÓO E MAR SÁNCHEZ SIERRA VAN OFRECER SERVICIOS MÉDICOS A URUGUAYOS CANDO TEÑEN LITERALMENTE DESTRUIDOS E ABNDONADOS OS DE GALICIA..+
 
Alá polo 9 de novembro do pasado ano 2019 incorpórabanse os médicos que conseguiran unha praza no Sergas nas últimas oposicións, e tamén os que acadaran novo destino no concurso de traslados. Pois ben, desde entón está sen cubrirse un cupo médico no Centro de Saúde de Carballo ao que están adscritas case 1.500 persoas. 
Semanas enteiras estivo a axenda bloqueada sen que ningún paciente poidese pedir cita sendo só atendidas as urxencias polo resto de profesionais. Algúns días os pacientes son distribuidos entre os demáis médicos, outros días bloquéase a axenda e só se atenden as urxencias e outros ábrese unha axenda en horario de tarde que se cubre con peoanadas dalgúns médicos da mañá. Así levamos 3 meses, e a saber canto tempo máis vai continuar esta situación.
Desde CIG-saúde consideramos que esta situación é inadmisíbel, que a degradación que está sufrindo a Atención Primaria non se pode aguantar. Toda a propaganda do Sr. Feijoo, os anuncios de investimentos millonarios en precampaña, non tapan a nefasta xestión do seu goberno na sanidade pública, e sobre todo na situación dantesca na que está deixando a Atención Primaria.
Xoán M. Sande, CIG-Saúde A Coruña
Categoría de nivel principal o raíz: Xunta de Galicia
Categoría: Sergas
Visto: 3617