Denuncian que Feijóo esta "retrasando intencionadamente o uso dos 110.000 TESTS DE DIAGNÓSTICO RÁPIDO" enviados polo goberno de pedro Sánchez
Denuncian que Feijóo esta "retrasando intencionadamente o uso dos 110.000 TESTS DE DIAGNÓSTICO RÁPIDO" enviados polo goberno de pedro Sánchez
Información
12 Abril 20202589 votos - Registrate para votar
Sinala que os tests son “útiles e necesarios” porque o Sergas nun mes puido facer 42.000 PCR, pero a poboación galega é de case 2,7 millóns persoas: "Cada día que pasa sen actuar, é un día perdido"Sinala que os tests son “útiles e necesarios” porque o Sergas nun mes puido facer 42.000 PCR, pero a poboación galega é de case 2,7 millóns persoas: "Cada día que pasa sen actuar, é un día perdido" O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou hoxe á Xunta que utilice xa os máis de 110.000 tests de diagnóstico rápido que o goberno de España xa consignou para Galicia. Uns 58.000 foron remitidos nunha primeira remesa e outros 57.000 chegarán nestes días.
“Situacións de contaxio masivo como a que vemos na residencia do Barco de Valdeorras poñen de manifesto os erros na prevención e que se chega tarde”, recalcou Gonzalo Caballero, á vista de que, neste mes de confinamento a causa do coronavirus, o Sergas realizou uns 42.000 PCR nunha poboación de preto de 2,7 millóns de persoas. Así o dixo o líder dos socialistas galegos nun contexto no que hai máis de 1.200 persoas afectadas polo covid-19 vinculadas cos centros asistenciais e no que a Xunta xa leva intervidas tres residencias de maiores a causa do aumento dos casos. “Cada día que pasa sen que se utilicen todos os medios, e tamén os tests rápidos, é un día perdido”, recalcou. Ademais, como sinalou Gonzalo Caballero, son moitos profesionais sociais e sanitarios, así como os traballadores de distintos sectores, os que están reclamando acceder a probas de diagnóstico do virus e, no caso dos tests de diagnóstico rápido, estes permiten coñecer con certeza a existencia de anticorpos fronte ao coronavirus e requiren un PCR no caso de que arroxen un resultado negativo. “Pedimos á Xunta que informe do que fai e que actúe”, incidiu o máximo dirixente do PSdeG, quen puxo o foco en que as distintas comunidades así o están facendo, en liña coa guía difundida polo propio Ministerio de Sanidad para o uso destes tests rápidos, que son “útiles e necesarios”.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)