Denuncian que o Conselleiro de Sanidad Sr Almuiña se "tirou na prensa unha FAKE NEWS" coas medidas de protección en Galicia do coronavirus

Información
Sergas | 24 Abril 2020 | 8240 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Comunicado da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP)

O conselleiro de Sanidade atribúe a baixa incidencia do coronavirus en Galicia á rapidez de actuación da Xunta para adoptar medidas de protección (aparte de facer unha loa o “amado lider”). Desde a AGDSP expresamos o noso desacordo con estas afirmacións e queremos aclarar:

1. Diferentes estudos demostran que a maior ou menor incidencia e mortalidade desta pandemia en cada territorio, ten que ver con múltiples factores que dificultan ou favorecen a diseminación do virus: as aglomeracións en actividades ou medios de transporte (metro, autobuses, tren,...), a concentración ou dispersión poboacional, a existencia de viaxes de longa distancia que faciliten a chegada de persoas de lugares xa afectados, o nivel de partículas contaminantes no aire, a temperatura e o clima de cada territorio, etc.

 

2. Galicia forma parte das Comunidades Autónomas nas que as condicións de risco están máis atenuadas; o reducido contacto con persoas procedentes de zonas afectadas (agás o éxodo de Madrid nos días previos ao confinamento), a dispersión poblacional e as condicións climáticas, dificultan a diseminación viral. Atribuir a menor incidencia de casos á acción do goberno galego é unha afirmación sen fundamento e que demostra un descoñecemento profundo da epidemioloxía. A pesar diso, Galicia conta, a día de hoxe (23-04-2020) con case cincocentos falecidos por Covid, unha cifra da que tampouco se pode presumir.

3. Rechazamos o estudo epidemiolóxico de 100.000 usuarios, para determinar o estado de Inmunidade da comunidade cando o Ministerio vai realizar un estudo de 40.000 cidadáns, para determinar a desescalada da corentena e cando non hai test para os profesionais  en contacto cos usuarios, nin para os pacientes que con síntomas leves que ten que confinarse  14 días.

3. A actuación da Xunta, coa entrega a mans privadas das Residencias Xeriátricas para convertelas nun negocio, sí que foi determinante para provocar unha altísima mortalidade polo coronavirus. As deficientes condicións, o déficit de persoal e a mala xestión (só centrada no beneficio económico e non no benestar dxs internxs) foron factores decisivos para que as mortes nestes centros, representen o 40% do total de falecidxs en Galicia. Estas deficiencias, foron denunciadas polo Consello de Contas, pola Valeduría do Pobo, polxs propixs traballadorxs e xs familiares dxs ingresadxs. A Xunta de Galicia non exerceu a súa obriga de vixiar e supervisar as adecuadas condicións destas institucións. O nivel de contaxios e mortes é moi superior nas residencias privadas que nas públicas. Esta sí que é unha competencia directa da Xunta e do señor conselleiro.

4. É inaceptable que xs responsables da Xunta de Galicia (que fixo recortes inadmisibles nos recursos sanitarios) pretendan agora obter un beneficio electoral desta desgraza, utilizando a mentira e a terxiversación da realidade. A prioridade máxima neste momento é deter a pandemia e tratar aos afectadxs. Pero non debemos esquecer que as políticas executadas desde a Xunta na última década, provocaron un serio deterioro do sistema sanitario, que se veu mermado para facer fronte á pandemia en condicións adecuadas.

O futuro da Sanidade Pública en Galicia depende do que fagamos para resolver esta pandemia!


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600