DENUNCIAN QUE FEIJÓO CON UN GOBERNO EN FUNCIÓNS SEGUE A "REVENTAR" A SANIDADE GALEGA PARA QUE FAGAN NEGOCIO AS EMPRESAS PRIVADAS CON SILENCIO DA OPOSICIÓN.

Información
Sergas | 12 Junio 2020 | 5217 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN “APAGÓN INFORMATIVO” NA CRTVG SOBRE O ...


CCOO denuncia que o GOBERNO DE FEIJÓO NO SERGAS continúa coa súa política de privatizacións a pesares de que a pandemia demostrou que unha sanidade publica forte salva máis vidas

Dende CCOO Sanidade Ourense queremos denunciar que a Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras sacou a concurso o Servizo Técnico de asesoramento e vixilancia dos contratos de mantemento no ámbito dos Equipos de Coidado da Saúde cubicados nos distintos centros da Área Sanitaria. Isto implica a privatización dun servizo que estaban a facer enxeñeiros en cadro de persoal propios o contratados polo SERGAS, cunha lista de contratación activa, que supoñemos vai deixar de funcionar.

Estamos a falar de cerca de 500.000€, unha contía que sería mais que suficiente para ter un equipo propio de enxeñeiros que controlara o funcionamento e calidade do resto de empresas externas que traballan para o SERGAS....+

 

Dende a Sección Sindical de CCOO de Sanidade pregúntanse ¿a quén lle interesa que esa empresa sexa externa? ¿Quén sae gañando con este movemento? ¿Porqué se fixo este movemento con tanta opacidade? ¿Precisamos que unha empresa privada “vixíe” as outras empresas privadas?

Aproveitando que a atención de traballadores e cidadáns está nunha alerta sanitaria, o SERGAS decide privatizar un servizo que mellora a calidade da asistencia sanitaria dos nosos Hospitais e da nosa Atención Primaria.Cruz Roja Galicia responde a pesar de las cuantas bancarias ...

CCOO rexeita que o SERGAS siga a privatizar os nosos Servizos Sanitarios polo interese económico lucrativo duns poucos.