ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O ESCURANTISMO DA CONSELLERÍA DE SANIDADE SOBRE OS DATOS DOS RASTREXADORES EN GALICIA
ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O ESCURANTISMO DA CONSELLERÍA DE SANIDADE SOBRE OS DATOS DOS RASTREXADORES EN GALICIA
Información
18 Agosto 20202504 votos - Registrate para votar
O incremento de novos casos de coronavirus en Galicia, vinculados ao entorno social, sucédese á vez que descoñecemos o número de persoas que estarían a realizar o traballo de rastrexo na nosa Comunidade.
Esquerda Unida súmase ás denuncias da comunidade sanitaria no noso país e reclama que a Consellería de Sanidade faga públicos os datos do número de persoas e con que formación están a realizar o proceso de rastrexo do covid-19 nas contornas sociais das persoas positivas.
Que Galicia sexa a peor comunidade en canto ao rastrexo de casos, con ata un 73% de orixe descoñecida arroxa unha realidade moi preocupante e indica, en palabras de Eva Solla, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida a ausencia de medios por parte da Xunta para levar a cabo este servizo: “Feijóo afirma ter seis mil profesionais rastrexando, onde están? A realidade amosa que é imposible que ese dato sexa certo ou do contrario a Xunta facilitaría a información de quen son e onde están eses rastrexadores.”
Esquerda Unida considera que existe a necesidade evidente de dotar á nosa comunidade de protocolos claros para o rastrexo, contratar persoal sanitario para facer esta labor e facelo en contacto coa atención primaria e os servizos de urxencias. Só de este xeito se poderá minimizar o impacto dos rebrotes.
Igualmente, para Esquerda Unida é imprescindible que o Conselleiro de Sanidade compareza publicamente e ofreza datos claros sobre o número de rastrexadores en Galicia e como están a facer o seu traballo. “Xa abonda de mentiras, o Conselleiro de Sanidade debe dar a cara e deixar de ocultar esta información. Xogamos con vidas humanas.”
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)