Imprimir

O SERGAS, segue mantendo pechados moitos centros de saúde ás consultas presenciais, sigue retardada a actividade dos servizos hospitalarios, suspendidas miles de consultas

Información
Sergas | 24 Septiembre 2020 | 5195 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

Xornal de Galicia para el Mundo - Mundo Celta por José Antonio Sierra

 

Diante do declarado polo conselleito de sanidade, Julio Gatcía Comesaña, no Parlamento Galego, dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, queremos comunicar o seguinte:

1.- Resulta escandaloso que a mesma administración que falaba de contar con 6.108 rastreadorxs da COVID, admita agora que "non existen" legalmente, dentro do sistema sanitario.

2.- Para facer fronte á pandemia é necesaria a implicación e a colaboración cidadá, baseada na confianza na administración, cousa difícil de conseguir, dada a ausencia de instrumentos de participación e política da Xunta, de recorrer ao engano e a falsidade permanente.

3.- O SERGAS, segue mantendo pechados moitos centros de saúde ás consultas presenciais, sigue retardada a actividade dos servizos hospitalarios, suspendidas miles de consultas, probas diagnosticas e intervencións cirúrxicas e sen publicar as listas de agarda (que con estas medidas, deben ser realmente enormes) e como consecuencia, a mortalidade evitable se está disparando como indican algúns estudos e asociacións profesionais.

4.- A epidemia volve afectar de maneira importante ás Residencias de Maiores con máis de 320 novos casos entre as persoas residentes e 117 entre o persoal. A pesar de que éstas son o principal foco de mortalidade seguen xestionadas por empresas multinacionais e organizacións eclesiásticas.

Para facer fronte a esta situación desde nosa organización propoñemos:

  • Publicar de maneira inmediata as listas de espera hospitalarias.

  • Realización dun informe rigoroso da morbilidade e a mortalidade por causas distintas a COVID.

  • Reactivar a actividade plena dos servizos hospitalarios non afectados pola pandemia. Reintegrar os servizos desmantelados nos Hospitais Comarcais.

  • Recuperar as citacións de pacientes para consulta probas e cirurxía.

  • Abrir os centros de saúde pechados, recuperar as consultas presenciais.

  • Incrementar o orzamento sanitario para recuperar o sistema. No caso da Atención Primaria hasta alcanzar o 25%. 

  • Incrementar as plantillas contratando novo persoal e acabar coa precariedade laboral.

  • Garantir o acceso a asistencia sanitaria nas Residencias de Maiores e intervir de maneira inmediata as que teñan novos casos.

  • Coordinar tódolos recursos asistenciais, saúde pública, dependencia e servizos sociais nas Áreas Sanitarias.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública  
Categoría de nivel principal o raíz: Xunta de Galicia
Categoría: Sergas
Visto: 5195