Presas considera vergonzoso que o SERGAS sexa exemplo de fraude e explotación laboral e parabeniza ás traballadoras que loitan polos seus dereitos e pola nosa sanidade pública.

Información
Sergas | 20 Mayo 2021 | 5544 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Noa Presas deputada do BNG por Ourense Parlamento de GalizaA formación nacionalista vén de rexistrar iniciativas no Parlamento Galego reclamando un pronunciamento reprobador da política laboral abusiva, de precarización e explotación do SERGAS que queda demostrada unha vez máis na sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Ourense coñecida no día de onte. O BNG solidarízase cos traballadores e traballadoras temporais que sofren esta práctica reiterada por parte da Xunta de Galiza e demanda da Xunta unha corrección desta política laboral e auditar as contratacións da EOXI de Ourense para perseguir esta frauda.

 

A deputada do BNG por Ourense, Noa Presas, recorda que esta non é a primeira sentenza demoledora contra o SERGAS por abuso nas condicións laborais, na propia enfermaría e noutros ámbitos como as gardas pediátricas e valora que confirma a súa política laboral neglixente e explotadora “é escandaloso que a administración pública, que debera ser exemplar, racanee días de contratación, demostra que hai unha discriminación respecto dos traballadores fixos que realizan as mesmas horas de traballo efectivo e que hai unha decisión política detrás de apostar pola temporalidade para aforrar custos a costa dos e das traballadoras”.

Agradecemento ás traballadoras

A deputada agradeceu o esforzo individual e colectivo das traballadoras que denuncian, das organizacións sindicais e colectivos que traballan para denunciar social e xudicialmente esta situación insostíbel que a pandemia fixo aínda máis grave.