No concello de Miño o colapso do sistema de atención sanitaria primaria non é algo que poida suceder é algo que xa esta sucedendo

Información
Sergas | 05 Septiembre 2021 | 1651 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Líneas saturadas y agendas desbordadas, "colapso" en Atención Primaria en  Madrid - El IndependienteMiguel Anxo Abraira Sobrado, en representación da organización política LIGANDO MIÑO, con e-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Anxo Abraira Sobrado, en representación da organización política LIGANDO MIÑO, con e-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.:Desde LGD temos falado con profesionais que coñecen e padecen de primeira man a situación case de colapso no que está inmerso o nivel primario de asistencia sanitaria.

A súas percepción e se cabe peor que a que temos a maioría das persoas e falan de colapso do sistema sanitario se non se modifican de xeito radical o seu funcionamento. Os cambios introducidos para facer fronte a pandemia faille crer a cidadanía que o deterioro é pasaxeiro e que todo volverá a unha certa normalidade unha vez se teña saído da emerxencia sanitaria, mais a realidade é ben distinta. O sistema sanitario galego, e tamén o español, está preparado para ser altamente operativo atendendo aos doentes agudos mais o principal problema da sociedade actual son os enfermos crónicos xa que son estes os que mais abundan. Unha mala atención dos enfermos crónicos fai que estes pacientes teñan episodios agudos criando un circulo vicioso que se resume en mala atención de enfermos crónicos provoca incremento de necesidades asistenciais que precisan atención sen demora e polo tanto sobre carga no sistema a vez que a sobre carga no sistema provoca unha mala atención dos enfermos crónicos.A está nova realidade social hai que somar a mala xestión que se fixo nos últimos anos na captación dos profesionais recen formados para a súa incorporación no sistema de saúde galego. De pouco lle serve a sociedade galega formar novos médicos/as e enfermeiras/os de familia se a estes non se lle garante unha condicións de traballo e remuneración competitivas co resto da Unión Europea. Non debemos esquecer que nos últimos anos moitos contratos de médicos/as e enfermeiros/as de familia se fixeron cun salario inferior ao existente ás zonas limítrofes a vez que estes se asinaron só polos dias laborables da semana empezando o luns e rematando o venres. E vota a empezar. A baixa incentivización económica e falta de continuidade laboral, provocou a fuxida de numerosos profesionais cara outros territorios. Está situación provocou e provoca que a día de hoxe se dea en Galiza unha forte brecha entre demanda de profesionais (médicos/as e enfermeiras/os) e a oferta real. Los médicos de Pontevedra denuncian por lo penal a la Xunta por los  "riesgos de gravedad" derivados del colapso de la Atención PrimariaEstá brecha de profesionais formados na Galiza e no resto da UE non é fácil de suplir coa incorporación de persoas procedentes de fora da UE pola dificultade a hora de homologar os estudos.Se a todo o argumentado anteriormente lle unimos que o modelo de atención primaria galega ten o concello como a base territorial para a súa definición e que estes son amplamente deferentes dentro dunha mesma comarca xeramos unha combinación explosiva que pode levar a situacións como que nun concello existan 3 médicos atendendo cada un de eles mais usuarios que a poboación dun concello limítrofe con 2 médicos.En Galiza o saldo vexetativo tende a ser negativo no seu conxunto, mais a realidade territorial está enmarcada polo contraste de que existe unha Galiza avellentada que recúa e una novaque medra. O saldo migratorio é mais flutuante e todo fai indicar que a inmigración está e vai ir en aumento polos novas situacións aparecidas como son a pandemia e cambio climático. Esta nova realidade xa se deixou percibir en concellos cunha alta taxa de segundas residencias ao decidir os seus propietarios ficar todo o ano inda que sexa de xeito temporal. Este incremento de poboación durante todo o ano dáse na parte territorial turística. Son os concellos turísticos os que se atopan cunha situación de peor atención sanitaria primaria debido a que experimentan saldos vexetativos positivos, saldos migratorios positivos e unha flutuación de poboación entre o inverno e o verán que pode acadar ate o 100%.A exposición dos feitos recollida no anterior parágrafo podería ser distinta se nos últimos anos se tivera dado unha revisión e actualización no reparto dos médicos/as e enfermeiras/os asignados a cada centro de saúde (concello). Este novo reparto permitiría un maior equilibrio entre profesionais e usuarios/as da atención sanitaria primaria.O Concello de Miño é sen dúbida o claro exemplo de todo o aquí exposto, xa que pertence a Galiza dinámica que ten saldo vexetativo e migratorio positivo, multiplica por 2 a súa poboación nos meses estivais, veo incrementado de xeito moi importante a súa poboación permanente a vez que segue cun número de profesionais asignados que procede de épocas no cales a poboación local non chegaba aos 5.000 habitantes (hoxe supéranse os 7.000 durante todo o ano e no verán está na contorna dos 14.000). No concello de Miño o colapso do sistema de atención sanitaria primaria non é algo que poida suceder é algo que xa esta sucedendo e este colapso deu lugar a que durante varias semanas do verán o número de médicos baixase de 3 a 1 e a poboación medrase de 7.000 a 14.000. Todo un despropósito que pon en xogo a vida das persoas e “queima aos profesionais”. Este queime, derivada da situación do centro de saúde de Miño ven de provocar a fuxida da totalidade dos profesionais que se o poden permitir cara prazas con menor carga de traballo.A LGD Miño chámanos a atención que o goberno municipal, tan afeito a facer uso das redes sociais e dos medios de comunicación non teña expresado en ningunha ocasión o seu malestar por está situación e que tampouco teña preguntado a opinión dos profesionais do centro de saúde existindo como existe un profundo malestar veciñal.Por todo o antedito:SOLICITASE:1º.-Que o Concello de Miño se poña en contacto cos profesionais do centro de saúde para recoller a súas demandas e inclúa as mesmas nas reivindicacións locais -a enviar a Consellería de Sanidade- para un correcto funcionamento do centro de saúde de Miño.2.-Que o Concello de Miño demande enerxicamente á Consellería de Sanidade o incremento de profesionais no centro de saúde de Miño para así poder cubrir correctamente o incremento de habitantes que se deu nos últimos anos a vez que se establecen medidas de substitución e reforzo para os meses do verán para así dar unha correcta asistencia ao conxunto dos turistas que inundan Miño durante os meses do verán.3º.-Que o Concello de Miño solicite a Consellería de Sanidade unha remodelación da asistencia sanitaria primaria de Galiza tendo en conta entre outros factores:A.-A mellora das condicións socio-laborais (retribucións e contratación fixa entre outras) para os distintos grupos profesionais de atención primaria de xeito que os esforzos educativos terminen recaendo en beneficio da sociedade galega.B.-As modificacións de número de habitantes que se deron nos últimos anos.C.-As flutuacións estacionais da poboación, así como os crecementos vexetativos e migratorios.D.-A pirámide de poboación existente para cada centro de saúde.E.-A apertura dun debate social e non partidario de cara a unha posible modificación da asignación de usuarios de cada centro de saúde que teña como base territorial a parroquia e non o concello.Sr. ALCALDE DO CONCELLO DE MIÑO.