Denuncian que a Conselleria de Sanidade esta desbordada pola sexta ola da COVID-19

Información
13 Enero 2022 | 1396 Votos

A AGDSP denuncia como INACEPTABLE o colapso da WEB SERGAS e pide  responsabilidades ao Goberno de Feijóo - Xornal Galicia | Xornal GaliciaA  Conselleria de  Sanidade esta desbordada pola sexta ola da COVID-19;  pretende facer fronte a ela, con medidas improvisadas, irracionais e que poñen en risco a saúde das persoas.

 1º.- Aínda que agora xs infectadxs presentan, nunha gran maioría, cadros pouco graves a Consellaría esixe polo menos dúas consultas por cada enfermo COVID (o primeiro día e o sétimo día) algo totalmente irracional dada a non gravidade dos cadros e a gran  contaxiosidade da variante ómicron.

Descargar este archivo (CUATROPAGINASENCARTADASDURANTEDOSDIASENLAVOZDEGALICIA.pdf)CUATROPAGINASENCARTADASDURANTEDOSDIASENLAVOZDEGALICIA.pdf  
Descargar este archivo (ENCARTES-TARIFAS_VOZ_2020.pdf)ENCARTES-TARIFAS_VOZ_2020.pdf  
Descargar este archivo (publicidad-insertada-hoy-dia-17-3-2020-mientras-en-los-hospitales-se-les-niegan-mascarilas-gafas-respiradores-etc.pdf)publicidad-insertada-hoy-dia-17-3-2020-mientras-en-los-hospitales-se-les-niegan-mascarilas-gafas-respiradores-etc.pdf  

2º.- Pretende reducir a atención nos Centros de Saúde a problemas urxentes e persoas con COVID, a pesar de non ter moita gravidade e que na súa maioría son consultas burocráticas, altas e baixas laborais, recibir información ou solicitude de  test.  Esta medida, supón negar a asistencia a persoas enfermas que poden ter patoloxías graves.  Afortunadamente, a maioría dos Centros de Saúde, ignoraron esta orde da consellaría e continúan atendendo aos pacientes enfermxs doutras patoloxías.

3º.- Continua a consellaría, ca tendencia de derivar tódalas demandas ás consultas médicas, a pesar de que boa parte da demanda é de natureza burocrático-administrativa, que poderían ser atendida por persoal non médico, que forma parte dos equipos (enfermería,  administrativx, traballo social ou rastrexadorxs), o que permitiría centrar a consulta  medica en problemas de natureza clínica.

4º.- Solicitou a incorporación de facultativos/as,  xubilados/as (para encargarse das chamadas aos novos positivos, xestión de baixas  e outras tarefas burocráticas)  e  de persoal médico sen formación especializada en Medicina Familiar e Comunitaria o que supón o risco de perpetuar nos Centros a profesionais sen o nivel de formación  adecuado.

5º.- Acrecéntase a falla de persoal (agravado polo forte aumento da actividade e as baixas laborais duns profesionais exhaustxs e onde en moitos centros, falta máis da metade do persoal facultativo).  Como consecuencia a  media de consultas médicas supera os cincuenta enfermxs ao día, dos que entre un 50 e 80%  están  monopolizadas pola COVID.

6º.- Afastámonos do obxectivo de destinar o 25% do gasto sanitario a Atención Primaria, dado que o orzamento para este nivel para o ano 2022 (...e ca que está caendo) reducíuse nun 2%.

7º.- Non hai vontade de incorporar novos profesionais, mellorar o equipamento e plans para acabar coas listas de agarda (que superan os 15 días nalgúns centros) e a masificación das consultas.  Seguen sen reabrirse os centros rurais fechadosa prioridade das consultas telefónicas, a limitación de aforos, o colapso de centrais telefónicas ou do teléfono 881540045 de contacto para conseguir cita. A poboación segue acudindo aos centros de saúde sen cita previa, xerando aglomeracións, e recorrendo aos PAC, ás urxencias hospitalarias ou ao sector privado.

A incapacidade da  Consellaria de Sanidade, leva a Atención Primaria ao desastre e córrese un risco real de que a poboación perda a confianza na sanidade pública e fuxa ao sector privado, mentres que xs profesionais e traballadorxs dos Centros de Saúde acaben  desmotivados e queimados, algo incompatible cunha Atención Primaria de Calidade.

O 4º Conselleiro de  Sanidade, que xá está amortizado, debería dimitir e a poboación e traballadorxs da AP en manter e acrecentar as mobilizacións. 

Exiximos a Feijoo, que cumpla o acordado no Consello Técnico de AP e nas 15 Comisións Técnicas creadas para realizar o novo Modelo de AP de Galicia.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

social youtube xornalgalicia   feed-image