Información
Sergas

O Sergas (PPdeG) mantén os recortes a 3 enfermeir@s por cada 1.000 habitantes, a mais baixa de España con 2 menos que a media estatal

Información
Xunta de Galicia 30 Enero 2019 932 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Aprobada a moción do Goberno en resposta ás reivindicacións destes profesionais que lle foron trasladadas persoalmente a través do Sindicato de Enfermería en Lugo

Reclaman o incremento do persoal para mellorar a atención na sanidade pública e as condicións laborais, pois sofren sobrecarga de traballo e temporalidade

O Sergas mantén unha ratio de 3,38 enfermeir@s por 1.000 habitantes. A media do Estado é de 5,3. En países da contorna española a media é de 8,8

Solicítase á Xunta, administración coas competencias en Sanidade, un marco lexislativo que garanta: atención segura e ratios nunca inferiores á media española e semellantes á europea. Ao Estado, unha lei que determine o número máximo de pacientes asignados a cada enfermeir@ nas Comunidades Autónomas

O Pleno da Deputación aprobou este martes, cos votos a favor de PSOE e do Deputado non adscrito e sen apoio de PP e BNG, a moción que o Goberno presentou á sesión plenaria en resposta ás reclamacións dos enfermeir@s que lles foron trasladadas persoalmente polo Sindicato de Enfermería en Lugo (SATSE). Piden incrementar o número de profesionais para poder mellorar a atención na sanidade pública da provincia, así como as condicións laborais nas que desenvolven a súa profesión, pois sofren unha importante sobrecarga de traballo e uns altos índices de temporalidade.

Estes profesionais explican que o Sergas mantén unha ratio de 3,38 enfermeir@s por 1.000 habitantes. A media do Estado é de 5,3. En países da contorna española a media é de 8,8. En Europa, destacan Dinamarca con 16,9 profesionais por 1.000 hab; Finlandia con 14,7/1.000 hab. e Alemaña con 13,3/1.000 hab.

Para elo, instase á Xunta de Galicia, administración coas competencias en sanidade, a “desenvolver un marco lexislativo que garanta unha dotación de enfermeir@s que permita unha atención segura, cunhas ratios mínimas de profesionais/habitante e máximas de doentes/profesionais que en ningún caso sexan inferiores ás medias españolas, que cando menos se sitúen na órbita dos Estados da contorna e sen prexuízo de achegarse aos mellores estándares europeos no caso de ser viable”.

Tamén se demanda ao Goberno Central a “aprobar, a través dun acordo vinculante de confederación sectorial do consello territorial, o establecemento dunha dotación adecuada de enfermeir@s; así como garantir unha atención segura e de maior calidade, unha carga laboral axeitada e a sostibilidade do sistema sanitario mediante unha lei que determine o número máximo de pacientes asignados a cada enfermeir@ nas Comunidades Autónomas”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+