Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática "ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación"

Información
07 Mayo 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 430 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de “diluír e agochar o problema”

Santiago de Compostela, 07 de maio de 2024. O portavoz do Grupo Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, utilizará a sesión de control ao presidente da Xunta que se celebrará a próxima semana para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática. Así o anunciou a viceportavoz do Grupo Socialista, Elena Espinosa, logo da Xunta de Portavoces que se celebrou hoxe na Cámara autonómica.

 

Espinosa subliñou que os socialistas galegos comezarán no próximo Pleno do Parlamento a debullar a liña política sinalada polo propio Besteiro dende o debate de Investidura. Subliñou o compromiso dos socialistas galegos coa política limpa e transparente, acordo cunha democracia avanzada, e desafiarán a Rueda a clarificar se respalda o “estilo Ayuso” que fixa “a confrontación, a mentira e a crispación como forma de facer política”.

 

Reivindicou un sistema político “limpo”, e sinalou que os socialistas “camiñamos ao ritmo da cidadanía, que está a demandar unha política e políticos honestos, con debates claros e un compromiso irrenunciable coa transparencia, fuxindo de bulos e de trampas”. Dixo que a rexeneración democrática “non forma parte dun debate de esquerdas e dereita, é unha cuestión transversal que afecta ao núcleo do sistema democrático”.

 

En resposta a preguntas dos xornalistas e con relación á rexeneración democrática, cualificou de “gravísimas” as conclusións do informe do Consello de Contas coñecido onte, que apunta a contas sobredimensionadas, facturas nos caixóns e gastos infrafinanciados no Sergas. O informe revela unha contratación “caótica e irregular” na sanidade pública, así como falla de control da administración paralela, ou a inexecución do 38 por cento dos fondos europeos no ano 22.

 

Anunciou que os socialistas galegos “baixaremos ao miúdo” do informe para “pedirlle explicacións” ao goberno galego sobre as irregularidades detectadas polo ente fiscalizador, ademais de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias sobre uns feitos “moi graves”.

 

Ademais, no Pleno da próxima semana presentarán unha proposición non de Lei para reclamarlle ao PP e ao goberno galego que rexeiten o incumprimento do artigo 122 da Constitución e a situación de bloqueo do Consello Xeral do Poder Xudicial. Esta parálise, provocada polo PP dende decembro de 2018, está a provocar “un descrédito inxusto dos poderes democráticos por simple tacticismo político”.

 

Igualdade

 

O Grupo Socialista presentará ademais unha pregunta oral logo da “devaluación” das políticas de Igualdade pola decisión de Rueda de dividir a Secretaría Xeral en dúas direccións xerais, de menor rango, de Igualdade e Violencia Machista. Advertiu que “non podemos permitirnos dar un paso atrás na igualdade”, reclamou un impulso nestas políticas para facelas “transversais” a toda a acción de goberno, e lembrou que o Goberno central lle deu un Ministerio propio.

 

Espinosa criticou que o PP, “co aplauso da ultradereita”, intente “diluír a igualdade e agochar o problema como en tempos aos que non queremos volver”. Lamentou finalmente as “desafortunadas” palabras do novo director xeral de Violencia Machista, que relacionou os asasinatos machistas con “un problema de saúde pública”, e advertiu que “a ninguén se lle ocorrería dicir que o terrorismo é un problema de saúde pública”.

 

O Pleno da próxima semana incluirá ademais unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que poña en marcha políticas de emprego dirixidas a impulsar a incorporación das mulleres ao mercado laboral. Apuntou que de acordo cos datos de paro coñecidos onte, as mulleres representan o 58 por cento do total de parados en España.

 

Tamén presentarán dúas preguntas orais con motivo da celebración, o 17 de maio, do Día Internacional contra a LGTBIfobia e pola caída drástica da produción marisqueiras nas rías galegas.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV