Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

AMIZADE ORGANIZA A IV XORNADA MULTIDEPORTIVA ADAPTADA

Información
09 Mayo 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 267 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

A asociación Amizade organiza este venres 10 de maio, na Av. Montero Ríos de Pontevedra, a V Xornada multideportiva adaptada para que toda aquela persoa interesada (teña ou non discapacidade) poida probar e practicar distintos deportes adaptados.

A actividade terá horario de mañá e de tarde. A mañá dará comezo ás 10:00 ata ás 14:00 e pola tarde comezará as 16:30 ata as 20:00 e será xestionada pola Fundación También que contan con ampla experiencia na inclusión social das persoas con discapacidade e o fomento de valores educativos en actividades deportivas adaptadas, de ocio e tempo libre e que se desprazan desde Madrid nunha unidade móbil de deportes adaptados; o obxectivo principal é achegar a toda a poboación o deporte adaptado.

 

Entre outros pódense probar deportes coma baloncesto, tenis de mesa, tiro con arco, bádminton, boccia, slálom, etc. Deste xeito ofrécese a posibilidade de probar unha variada selección de deportes adaptados, coñecer o material deportivo adaptado, sensibilizar sobre a necesidade de normalizar a vida das persoas con discapacidade, entre outras.

 

Pola mañá está previsto que participen preto de 100 nenos/as de distintas escolas da cidade e pola tarde a participación será aberta.

 

Esta xornada é posible grazas á colaboración do Concello e Deputación de Pontevedra, Obra Social de Fundación La Caixa, Acuña e Froiz que financian case por completo a actividade no seu conxunto.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV