Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

O Rosal e Caminha dan os primeiros pasos para unha grande alianza transfronteiriza no esteiro do Miño

Información
09 Mayo 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 328 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

A alcaldesa Ánxela Fernández Callís e o presidente Rui Lages mantiveron un encontro no que se comprometeron a traballar na creación dunha Eurocidade coa que estreitar lazos, realizar proxectos conxuntos e abordar problemáticas comúns

O Rosal, 9 de maio de 2024.- O Rosal e Caminha mantiveron un encontro histórico que marca o inicio dunha grande alianza transfronteiriza no esteiro do Miño. A alcaldesa Ánxela Fernández Callís mantivo un encontro co presidente da cámara municipal Rui Lages no que ambos rexedores acordaron dar os primeiros pasos para a creación dunha Eurocidade que inclúa a Caminha, O Rosal e A Guarda que permita continuar estreitando lazos entre poboación veciñas, abordar problemáticas comúns e desenvolver unha programación sociocultural e económica conxunta.

Fernández Callís amosou a súa satisfacción pola visita do rexedor luso e expresou a súa vontade de traballar de forma estreita para crear unha eurocidade que una dúas beiras do Miño “nas que non se entende de fronteiras”. “É un paso importante para consolidar a nosa relación e para xerar oportunidades de crecemento para as tres localidades”, salientou a alcaldesa.

Pola súa banda, o presidente de Caminha destacou a importancia de abordar problemáticas comúns como a mobilidade na zona do esteiro do Miño, así como de fortalecer os lazos entre poboacións que xa se senten unidas. “É fundamental que traballemos en conxunto para superar os obstáculos que afectan á nosa rexión e para promover unha maior integración entre programacións e servizos, o que sen dúbida beneficiará aos nosos veciños e veciñas”, recalcou Lage.

No encontro tamén participaron o vereador de Cultura, João Antonio Branco; os concelleiros e concelleiras rosaleiras Germán Rodríguez, Beatriz Rodríguez, Carlos Villanueva e Alejandro González e persoal técnico e experto, co que abordaron os primeiros pasos a seguir para a creación da eurocidade.

A creación desta grande alianza será un paso máis na estreita unión entre estes concellos, xa que o persoal técnico do Rosal e Caminha levan anos traballando nun programa de formación conxunta posto en marcha polo Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño, AECT Rio Minho, para o desenvolvemento de proxectos de futuro transfronteirizos conxuntos.

O seguinte paso será unha reunión o vindeiro 20 de maio en Caminha dos tres alcaldes do Rosal, A Guarda e Caminha para abordar eses primeiros pasos a dar para a creación da Eurocidade.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV