mes de agosto, para o cal se abrirá outro prazo de solicitude
Nigrán, 28.04.23.- O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás
Mulleres (CIM), organiza o ‘Campamento de Verán 2024’ do mes de xullo co
obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. O prazo
de solicitude abrirá do 2 ao 10 de maio e, por primeira vez, o Concello ofrecerá
outro campamento no mes de agosto para o cal se abrirá posteriormente un
novo prazo de solicitude.
O campamento de xullo está destinado a nenos e nenas empadroados
no municipio e nados entre 2012 e 2021 e terá lugar do 25 de xuño ao 31 de
xullo de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas (con posibilidade de amplialo de
7:45 a 15:15 horas). Desenvolverase no C.E.I.P. Humberto Juanes e o prezo é
de 75 euros en horario reducido e 85 euros en horario ampliado (existen
bonificacións para familias con baixos recurso económicos cun prezo de 18,75
€ no horario reducido e 21,25 € no horario ampliado). Os formularios de
inscrición poderán recollerse na Oficina de Información e Atención Cidadá ou
descargarse na páxina web nigran.sedelectronica.gal/Taboleiro de Anuncios
Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro
de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada
pola vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: