Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Unha xornada lúdica e festiva para reivindicar o Camiño de San Rosendo como Xacobeo

Información
28 Abril 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 663 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

1714310028500.jpgCelanova 28 de abril de 2024.- A Praza Maior de Celanova acolleu hoxe un acto único e reivindicativo onde centos de persoas visibilizaron o seu apoio á reivindicación para que a Xunta de Galicia recoñeza o Camiño de San Rosendo como un ramal xacobeo do a Vía da Prata, tras o recoñecemento da Igrexa como oficial no ano 2021.

Os oito concellos ourensáns por onde descorre o camiño como son Lobios, Bande, Muíños, Lobeira, Verea, Celanova, A Merca e San Cibrao das Viñas, organizaron unha gran festa na que participaron os voluntarios da Asociación de Amigos do Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa, empresas da zona e colectivos como a Asociación Via da Prata Camiño Mozárabe ou a parroquia de San Rosendo de Celanova. 

Baixo o lema “Oito andainas, unha reivindicación”, na mañá deste domingo tiveron lugar oito percorridos por diferentes tramos do Camiño con saída as 9,00 horas e distancias entre 7 e 13 quilómetros. A actividade gratuíta, contou con máis de 600 participantes inscritos que, de forma simultánea, tiveron a oportunidade de desfrutar e descubrir parte do trazado por cada municipio e os fermosos segredos que agocha. 

Unha vez realizado o tramo, os participantes que non chegaron a  Celanova foron trasladados en autobús ata a vila de San Rosendo -servizo de bus, ida e volta, gratuíto- para, participar un acto lúdico de unión e confraternización que incluíu a benvida aos participantes por parte dos representantes da parroquia de San Rosendo, a lectura do manifesto reivindicativo do Camiño de San Rosendo, a presentación do certificado Rudesindus que se entregará a todos aqueles peregrinos que completen os primeiros 157 quilómetros entre Santo Tirso (Portugal) e Celanova e os premios do Concurso Escolar “Debuxa o teu Camiño”.

Unha primeira edición que deixou moi bo sabor de boca entra a asociación organizadora, que impartiu charlas nos centros de ensino da bisbarra (infantil, primaria e ESO) e que convocou a un certame que, coa inestimable colaboración do profesorado e asociación, contou con 459 participantes. Despois da reunión do xurado a semana pasada, entre os que se atopaban as  artistas Olga Bernado e Katherina Ojea, onte fixose público o nome dos gañadores que resultaron Lara Casal do CEIP Curros Enríquez de Celanova na categoría 1 (segundo ciclo de Educación Infantil e primer ciclo de Educación Primaria); Natalia Álvarez do Curros Enríquez de Celanova na categoría 2  (segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria); Uxia Pascual do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro na categoría 3 (Eso), concedendo ademáis o xurado un premio especial pola alta participación na categoría 1 a Chloe Nespereira do CEIP Joaquina Gallego Jorreto da Merca.

A Banda de Gaitas de Celanova foi a encargada de ambientar a xornada, cun pasarruas matutino polas prazas da vila, ademáis da actuación no propio acto e o percorrido final ata a Alameda de Celanova, onde os participantes foron agasallados cunha degustación de porco ao espeto, antes de levar de regreso aos peregrinos ao punto de partida. 

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV