IXP Ternera Gallega deixaría fóra da marca a todos os xatos que rematan a súa alimentación ao aire libre

Información
20 Noviembre 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 1818 votos

Opoñémonos á obriga de acortellar a Ternera Gallega Suprema e finalizar a súa alimentación con penso

Produtores e produtoras explicaron hoxe en rolda de prensa en Lugo os prexuízos da industrialización da IXP TG Suprema

O 0,1% de posíbeis casos de menor engraxamento non pode xustificar pechar os animais e alimentalos con concentrados

Lugo, 20 de Novembro 2023. Acompañados pola Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Isabel Vilalba, gandeiras e gandeiros afectados explicaron na mañá de hoxe en rolda de prensa en Lugo as consecuencias que para as granxas de vacún galegas tería a confirmación da obrigatoriedade de acortellar os xatos que se sacrifiquen con máis de 8 meses de idade. Esta modificación das condicións da IXP Ternera Gallega deixaría fóra da marca a todos os xatos que rematan a súa alimentación ao aire libre. O Sindicato Labergo Galego foi a única organización que votou en contra da introdución desta obriga.

A Secretaria Xeral do SLG chamou a atención sobre o incongruente dos motivos empregados para aprobar esta modificación, que mesmo van na contra do obxectivo da UE de acadar un 25% de superficie agraria útil en ecolóxico para o ano 2030. Por unha banda, quenes votaron a favor deste cambio argumentan que queren homoxeneizar a carne de animais criados en liberdade en base a pasto ca de animais pechados alimentados con concentrados, o cal, como tamén subliñaron as persoas gandeiras que acudiron a dar a súa experiencia, habida conta da sensibilidade crecente das consumidoras con respecto aos modelos de produción alimentar, redundaría nun empeoramento da imaxe da propia marca Ternera Gallega Suprema.

Por outra, o exiguo 0,1% que apuntan que podería representar a porcentaxe de canais que arestora non acadan os estándares de engraxamento desta marca, acota unha cantidade tan residual que claramente non xustificaría unha modificación de calado como sería obrigar a tódalas produtoras e produtores a acortellar nos últimos meses.

Outra cuestión salientábel é até que punto é realista que as granxas podan adaptar as súas instalacións incorporando as infraestruturas que requiriría a obriga de acortellamento. Non só moitas delas non poderían afrontar os gastos derivados destas construcións, senón que precisamente a súa ubicación en entornos naturais -como por exemplo na Rede Natura-, ou a articulación de terras propia do noso país, en base ao minifundio, imposibilitaría a súa instalación. Resulta canto menos sorprendente que unha modificación deste nivel se teña levado adiante sen tan sequera realizar a Consellaría do Medio Rural unha análise previa do seu impacto no sector.

Aliás da falta de consistencia dos argumentos esgrimidos, as produtoras e produtores que alimentan ao seu gando en modelo extensivo, ao aire libre e en base a pasto téñeno claro: os beneficios a nivel medioambiental, de benestar animal e condicións laborais e aforro de custos para as persoas gandeiras son obvias e irrefutábeis.

Unha clara mellora na rexeneración dos pastos e da calidade dos solos -así como do seu aporte como captadores de CO2-, o emprego de abono natural en lugar de químico, a drástica redución no consumo de plásticos (por exemplo ao non ter que ensilar), o significativo descenso do tipo de enfermidades e, polo tanto, tamén da cantidade de medicación administrada aos animais, a mellora da presenza de ácidos graxos saudábeis na carne -por exemplo o Omega3-, o benestar que para os becerros e as vacas implica poder estender os meses de lactancia criados ao aire libre ca súa nai e cun destete máis natural, ou a significativa redución nas horas de traballo e custos para as persoas gandeiras que supón apostar por modelos de produción sostíbeis son só algúns dos innumerables beneficios que aporta a alimentación en base ao pasto, e que até o dagora a ningún axente do sector se lle ocorrera cuestionar, nin moito menos desprestixiar.

Tamén a nivel de certificación esta modificación da IXP TG Suprema é negativa para o sector. Aquelas producións dentro desta marca certificadas tamén en ecolóxico -onde se require a saída a pastos dos animais-, veríanse na obriga de decidir con cal das dúas marcas queren comercializar o seu produto.

Actualmente xa existen uns indicadores de calidade que permiten clasificar un canal de carne como Ternera Gallega Suprema. Dende o SLG-CCLL cuestionámonos: Se as granxas levan dende a creación de TG Suprema -hai décadas- acadando eses indicadores cunha alimentación saudábel en base a pasto e prácticas medioambientalmente sostíbeis, que motivo xustifica que se lles obrigue a alcanzar eses mesmos indicadores que xa cumpren, pero acortellando e alimentando con concentrados, cun maior impacto medioambiental, aumento de custos e en detrimento do benestar animal?

Dende o SLG-CCLL continuaremos avanzando campaña de información e sensibilización ás persoas consumidoras, articulando ao sector para demandar solucións que paralicen esta viraxe industrial da IXP Ternera Gallega e, canda as nosas organizacións agrarias aliadas na UE, traballaremos a nivel das institucións comunitarias para que non se produza este cambio de paradigma que pretende agasallar o prestixio do bon facer labrego ao modelo agroindustrial, ca complicidade das industrias, os cebadoiros, Unións Agrarias, Gandeiros Galegos da Suprema e a Consellaría do Medio Rural.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Adjuntos
IsabelVilalba GandeirxsAfectadxs IXPTG.jpg [882.15Kb]
Subido Lunes, 20 Noviembre 2023 por xornalgalicia

 

QR-Code dieser Seite

Capturala en tu móvil para compartirla o verla más tarde

Aviso Importante

Debido al incremento de accesos y a las limitaciones de capacidad en nuestros diarios digitales, nos vemos obligados a retirar temporalmente la opción de descarga de archivos en formato PDF desde nuestra plataforma online.

Si algún lector desea obtener alguno de los ejemplares en PDF, puede solicitarlo enviando un correo electrónico a info@xornalgalicia.com. Estaremos encantados de atender su solicitud.

Agradecemos su comprensión y apoyo.

Atentamente,
El equipo de Xornal Galicia

 

camisetaARCOIRIS

  • "Camisetas que Transforman Vidas"
  • "Con Cada Camiseta, un Paso Adelante"

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV