Borja San Ramón (Podemos Galicia) denuncia “o modelo de xestión caótico” da Consellería do Mar

Información
13 Abril 2023 - Noticia Destacada de Galicia - 10737 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 Xornal Galicia Hemeroteca - Antonio Basanta El Turko | Xornal Galicia  Hemeroteca

TODO SOBRE BSANTA EL TURCO, TESTAFERRO DE LA CORRUPCION EN TURKIA, ESTAMBUL, PUERTO CAPURRO, PATAGONIA, FINCA DE BRION, ENCUBRIDOR DE EXPOLTACION DE INMIGRANTES, TRATA HUMANA, CONSEGUIDOR D EPENDIENTES D EBRILLANTES PARA ROSA QUINTANA....+

O líder autonómico pide responsabilidades a Xunta pola escalda no conflito da mexilla, e considera que a Rosa Quintana “fóiselle a man”.Santiago de Compostela, 13 de abril de 2023
Podemos Galicia sinalou a Rosa Quintana como a “principal responsable na escalada de tensións” no conflito da mexilla. Borja San Ramón, Coordinador Nacional da formación, ironizou sobre “a dificuldade de plantexar unha delimitación que prexudica igualmente a ambas partes”. 


Dende formación morada sinalan que o conflito entre bateeiros e percebeiros “non existía antes da intervención da Consellería do Mar”, polo que consideran que “o problema actual está directamente provocado pola súa acción de goberno”. 
Para San Ramón a responsabilidade dos últimos choques entre asociacións e confrarías coa Xunta de Galicia está no “modelo de xestión caótico” de Rosa Quintana e “a súa teima de cambiar de decisions cada poucas semanas”. O dirixente autonómico destacou que as cargas policiais que se produciron este mércores contra a manifestación de bateeiros en Santiago de Compostela, e se saldaron con varios feridos e detenidos, son “un intento de amordazar a un sector mentres se xoga co seu modo de vida”.   
Por último, o líder de Podemos Galicia emprazou a Rueda a “pedir a dimisión de Quintana ou en último caso a cesala”, xa que “a inseguridade xurídica que está xerando  ameaza o pan de moitas familias e fai moito dano a economía galega en xeral”.

Categoría de nivel principal o raíz: Galicia
Categoría: Noticia Destacada de Galicia
Visto: 10737