Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

800 alegacións contra os macroeólicos de Greenalia en Pena Loba

Información
05 Enero 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 2884 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Malia as datas, veciñas e veciños dos Blancos, Baltar e Calvos de Randín os tres concellos ameazados polos plans de Greenalia , xunto coa plataforma STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA, conseguiron reunir en apenas un mes máis de 800 alegacións contra o macropolígono Lamas II, que se suman ás máis de 1.500 que se presentaron contra o proxecto Lamas de Feás a pasada primavera.

 

Entre os escritos de alegacións, ademais das 800 sinaturas que tramitou a plataforma, están as alegacións contra o proxecto presentadas pola Comunidade de Montes de Covas (Os Blancos) e os de dúas decenas de apicultores dos concellos directamente afectados.

A oposición veciñal á instalación dunha macrocentral eólica con 10 aeroxeradores de 200 metros de altura nos montes entre A Aguioncha e Pena Loba cunha potencia declarada de 48 MW para evitar o trámite administrativo a través do Estado (proxectos de máis de 50 MW) xestionándoo a través da Xunta de Galiza, e dividida en dous proxectos (Lamas de Feás e Lamas II) nun caso clamoroso de tramitación fraudulenta, e rotunda, mentres as institucións seguen de costas ás demandas de protección da saúde, o medio, o patrimonio e a paisaxe.

Así, mentres o goberno en maioría de Castro (PP) nos Blancos rexeita nun pleno a petición veciñal de se sumar á declaración de moratoria acordada en Xinzo de Limia, os gobernos de Feijoo (PP) en Baltar e Aquilino Valencia (PSOE) en Calvos permaneceron en silencio. Ningún dos tres concellos afectados, cuns impactos ambientais severos recoñecidos pola propia promotora nos estudos previos e cun risco certo para a saúde das veciñas e veciños das aldeas máis próximas, alegou contra este último proxecto, Lamas II, durante o período habilitado até onte, 4 de xaneiro.

E iso malia as evidentes eivas do proxecto, non só pola fragmentación (non presenta nin subestación nin liña de evacuación propias, senón que se asocia directamente ao polígono Lamas de Feás), tamén pola proximidade dos macroeólicos ás aldeas de Pexeiros, O Mosteiro, A Aspra, Loureses, Aguís, Penalonga, Fontearcada, Guntín e Covas (nos Blancos) e Serois e Lobás (Calvos).

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV