Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

A maxia volve a Carballeira de Zas

Información
12 Agosto 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 1611 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

8120073

Miles de persoas volveron a desfrutar da noite Celta máis importante de Galicia
Red Hot Chilli Pipers, The Rapants e Dios Ke Te Crew, fixeron saltar e bailar os asistentes do festival
O sábado ábrense as portas dende as 12 da mañá para acoller a xornada máis familiar ó logo do día que pechará cos concertos nocturnos

Zas, 12 de agosto de 2023. Onte, foi unha noite máxica na Carballeira de Velar de Zas. Miles de persoas déronse cita, como é habitual dende fai 38 anos neste festival que xa é un dos máis importantes do mundo folk a nivel nacional. Como mostra, as miles de persoas que se reúnen cada agosto e o cartel de primeiro nivel que se reúne cada ano.

A apertura da 38 edición veu da man do humorista e actor zasense Roi da Costa, encargado de prender a chama público dende o primeiro momento ata metelo no peto. A primeira actuación musical veu da man de The Rapants, co e estilo entre entre pop, garage e disco fixo unha perfecta apertura de boca e deixou con ganas de máis ós asistentes que se viñeron arriba cos escoceses Red Hot Chilli Pipers. Este grupo composto por 9 integrantes mostrou un son sen parangón dentro da Carballeira de Velar, facendo vibrar o publico versionando clásicos do rock de grupos como Journey ou AC/DC.

O final da noite do venres veu da man dos galegos Dios Ke Te Crew, que puxeron o punto e seguido máis canalla para deixar os asistentes con ganas de máis festa para o sábado.

Xornada do sábado 12 de agosto, festa familiar, sesión vermú e máis música

O sábado estará orientado ó público máis familiar como acostuma a ser, habendo a xa tradicional mexilloada popular de balde, churrasco, mercado artesán, zona infantil, así como sesión vermú.

A amenización musical da tarde virá da man de Os Enxebres, Uxía Lambona e a Banda Molona, (a banda de música infantil que recolle os clásicos galegos con toques propios, como por exemplo a Carolina feita en versión rap), que farán que os máis pequenos (e tamén grandes), non paren de bailar. O trío Caldo, será outro dos grupos presentes coa súa mestura de cancións tradicionais e composicións propias, Cé Orquestra Pantasma, o home orquestra, dará paso a Gran Foliada con Churía, Os Petadores, Os Farrapos e Os Enxebres. O grupo de música tradicional Pansenfron será o último grupo da tarde antes de comezar cos concertos da noite protagonizados por Xosé Lois Romero & Aliboria, Xurxo Fernandes, Uncle Bard & the Dirty Bastards para finalizar con Ruxe Ruxe.
Carballeira sostible

Un ano máis, para evitar o lixo e contaminación, e para protexer o entorno repartíronse miles de vasos reutilizables a disposición de todos os asistentes, eliminando por completo os vasos desbotables. Esta iniciativa estase levando nos últimos anos con gran éxito e acollida por parte dos festivaleiros.

Punto violeta

Un ano máis na Carballeira instalouse o punto violeta ou morado, para informar, sensibilizar e dar visibilidade as agresións sexistas dentro das festa.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV