Hoy es noticia
A Audiencia da Coruña condena a 12 anos e medio de cárcere á condutora que causou o accidente no que faleceron dous mozos en Palmeira
- Información
- 24 Enero 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 2402 votos
SENTENCIA DESCARGABLE PARA USUARIOS REGISTRADOS
A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, de acordo con o veredicto do tribunal do xurado, condenou 12 anos e medio de cárcere á condutora que causou un accidente mortal en Ribeira no que faleceron, en maio de 2019, dous mozos. A acusada foi considerada culpable de dous delitos de homicidio doloso, en concurso cun delito contra a seguridade viaria. Ademais da pena de cárcere, a Audiencia privouna durante oito anos do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores, o cal comporta a perda do permiso que habilita para a condución.
- Categoría de nivel principal o raíz: Actualidad
- Categoría: Hoy es noticia
- Visto: 2402
A edición das cartas con Otero Pedrayo e unha biografía infantil teatralizada, entre as iniciativas da Academia para as Letras de Fernández del Riego
- Información
- 24 Enero 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 2540 votos
En 1963 Rosalía de Castro convertíase na primeira homenaxeada do Día das Letras Galegas. A celebración que co tempo se convertería na gran festa da cultura galega nacera na cabeza de Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010), quen a presentou no pleno da Real Academia Galega nunha proposta asinada tamén por Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo. Sesenta anos despois daquel comezo, don Paco é agora o protagonista. A institución da que foi tamén presidente (1997-2001) decidiu dedicarlle o vindeiro 17 de maio cadrando con outra efeméride, o seu 110 aniversario, e celebrarao divulgando a súa figura e obra ao longo de todo o ano cunha programación que abranguerá dende as achegas máis eruditas ata unha serie documental web e unha biografía infantil teatralizada.
- Categoría de nivel principal o raíz: Actualidad
- Categoría: Hoy es noticia
- Visto: 2540
Lee más: A edición das cartas con Otero Pedrayo e unha biografía infantil teatralizada, entre as...
A presión veciñal e a información achegada por colectivos medioambientais paran o proxecto de Greenalia
- Información
- 23 Enero 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 2600 votos
A presión veciñal, con máis de 1.500 alegacións ("presentadas por 1.756 particulares, asociacións de ámbito ecoloxista e asociacións de veciños",como lembra a resolución) recollidas contra o proxecto denominado Lamas de Feás e máis de 800 alegacións contra o Lamas II --en realidade un mesmo macropolígono eólico entre A Aguioncha e Pena Loba, nos concellos de Baltar, Os Blancos e Calvos de Randín, que inclúe a orixe da LAT de 42 quilómetros que Greenalia pretende instalar entre eses montes e a subestación da Frieira, en Padrenda, atravesando 8 concellos da Limia, Baixa Limia e Terra de Celanova-- e as achegas dos colectivos medioambientais e defensa do territorio durante o reducido período de participación pública permitiron que a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) emitida con data do pasado venres pola Consellería de Medio Ambiente resultase desfavorábel.
- Categoría de nivel principal o raíz: Actualidad
- Categoría: Hoy es noticia
- Visto: 2600
A CIG-Ensino alerta da posíbel intención da Consellaría de renovar os concertos aos centros ultra ortodoxos do Opus Dei
- Información
- 23 Enero 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 2354 votos
- Categoría de nivel principal o raíz: Actualidad
- Categoría: Hoy es noticia
- Visto: 2354
Entidades en defensa do galego, do éuscaro e do catalán homenaxean a Castelao e a Rosalía
- Información
- 22 Enero 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 2444 votos
O panteón de galegos ilustres acolleu esta mañá de domingo un acto de recoñecemento da importancia de Castelao e de Rosalía na loita pola pluralidade lingüística e na defensa das linguas minorizadas do Estado, por parte de representantes de entidades en defensa do galego, do éuskaro e do catalán, que reafirmaron a súa vontade de seguir traballando de xeito conxunto pola pluralidade e pola liberdade.
- Categoría de nivel principal o raíz: Actualidad
- Categoría: Hoy es noticia
- Visto: 2444
Lee más: Entidades en defensa do galego, do éuscaro e do catalán homenaxean a Castelao e a Rosalía
La Audiencia de A Coruña impide retirar a la familia Franco la mayoría de los bienes que reclama del pazo de Meirás
- Información
- 20 Enero 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 2575 votos
AUTO DESCARGABLE PARA USUARIOS REGISTRADOS.
La Audiencia Provincial de A Coruña ha confirmado que la gran mayoría de los bienes reclamados por la familia Franco que se ubican en el exterior e interior del pazo de Meirás forman parte o pertenecen al inmueble y, por tanto, no pueden ser retirados. Las únicas piezas del inventario elaborado en 2020 por los técnicos de Patrimonio Cultural de la Xunta de Galicia que los recurrentes podrán llevarse del pazo son los angelotes de bronce de la capilla, una virgen, una lámpara situada sobre la pilastra de la escalera y unos apliques de pared metálicos, las cuales se suman a las alfombras pasilleras, cuya retirada ya había permitido el Juzgado de Primera Instancia número 1 de A Coruña en un auto recurrido por la familia Franco ante la Audiencia.
- Categoría de nivel principal o raíz: Actualidad
- Categoría: Hoy es noticia
- Visto: 2575
Están leyendo; Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna Asesora de Feijóo Pladesemapesga Circos del PP Elecciones 2024 Corrupción Mar Sánchez Sierra. - Más
También es noticia hoy | Millan Calenti | Grupomar | Autrey | RealidelPacífico | Elecciones | Candidatos | P.González | Mar Sánchez | Acoso | Blanqueo | Perú | Trama Norte | Pesca Ilegal