Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Pedro Sánchez chama á mobilización e subliña que cun socialista na Moncloa e con Besteiro na Xunta “o 18 de febreiro Galicia non Rueda, Galicia voa”

Información
27 Enero 2024 - En Portada - Correo electrónico - Imprimir - 1573 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

Besteiro y Pedro Sánchez en Lugo. 27 01 2024 Acto públicoO candidato socialista reivindica o cumprimento do compromiso de reactivación de Alcoa e lembra que PP e BNG “estaban en contra” do acordo entre empresa e traballadores

Di que é o cambio seguro mentres “o PP non quere, o Bloque quere e non pode, e nós queremos e podemos porque temos un magnífico equipo de xente preparada, solvente e con experiencia”

Lugo, 27 de xaneiro de 2024. O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeuse hoxe en Lugo a “superar a Galicia das dúas velocidades” cunha batería de propostas para impulsar a cohesión territorial dende a Xunta. Así o dixo nun acto político xunto ao secretario xeral do PSOE e presidente do goberno, Pedro Sánchez, no auditorio da Facultade de Veterinaria que quedou pequeno para as 1.200 persoas que asistiron e que obrigaron a habilitar pantallas xigantes no exterior do recinto.

O candidato socialista comprometeu investimento, traballo e servizos sociais para superar a Galicia das dúas velocidades cun apoio especial ao medio rural e o desenvolvemento da industria transformadora e a posta en marcha dunha verdadeira política forestal logo de 15 anos de abandono polos gobernos do PP.

Gómez Besteiro despregou o seu proxecto para “rescatar á sanidade pública”, sinaladamente a atención primaria fixando un límite de 48 horas para obter cita no médico de cabeceira, lembrando a fortaleza do sistema durante o goberno dos socialista Pérez Touriño e que foi desmantelado polo PP. Comprometeuse a devolverlle a fortaleza ao sistema sanitario e poñer fin á incertidume de moitos enfermos”.

O candidato socialista chamou á mobilización nas próximas eleccións para apoiar a un “cambio con seguridade e na dirección axeitada” mentres “o PP non quere, o Bloque quere e non pode, e nós queremos e podemos porque temos un magnífico equipo de xente preparada, solvente e con experiencia”. Reivindicou a “capacidade de interlocución e influencia para traer a Galicia investimentos, obras, proxectos e ideas para o noso país”.

Lugo

Besteiro presentou tamén os seus compromisos coa provincia de Lugo, onde se comprometeu a “non facerlle oposición” a Lugo dende a Xunta, e comezou reivindicando o cumprimento do acordo de reactivación de Alcoa. Sinalou que o goberno central está “pendente” dun compromiso da empresa cos traballadores que é “absolutamente vital” e do que, lembrou, “PP e BNG estaban en contra, e nós queremos que se siga cumprindo”.

Durante a súa intervención anunciou a rematar da construción da VAC Costa Norte, paralizada dende a chegada do PP á Xunta, e que estará conectada coa futura autovía para conectar A Mariña. Asumiu ademais o compromiso de reactivar do Plan Paradai, o Museo da romanización e apoiar o Arde Lucus na capital da provincia, ou de impulsar o Porto Seco de Monforte como centro neurálxico de mercadorías en Galicia.

O candidato socialista reivindicou a traxectoria dos socialistas galegos para “devolverlle o orgullo de cidade e de provincia” e reivindicouse como o que será “o primeiro presidente de Lugo que se presenta por Lugo e non escapa a outras provincias”. Lembrou que na provincia “vivimos a historia da loita contra o imposible”, gañando o goberno na capital, na Deputación e en moitos concellos onde demostraron que “querer é poder”.

Aquela traxectoria que el mesmo protagonizou foi truncada, lembrou, polo “manual das cloacas” posto en marcha polo PP e que “non debe volver a acontecer”, dixo antes de reivindicar a “política digna” e o goberno “limpo, honrado, veraz, que non minte” que representan os socialsitas.

Ironizou coa presencia de Rueda hoxe na mesma cidade nun acto do PP no que, dixo, “veñen chupando Rueda” e dando “sensación de perdedores”, cando anuncian un “suposto programa” para agochar que hai 10 días Feijóo votou no Congreso en contra de revalorizarlle as pensións aos 800.000 pensionistas galegos. O seu “verdadeiro programa”, dixo, foi o de votar contra da baixada de prezos, as axudas e a chegada de 10.000 millóns de fondos europeos.

 

Presidente máis galego

O responsable socialista presentou ao secretario xeral do PSOE e presidente do goberno, Pedro Sánchez, como “o presidente máis galego en 40 anos de democracia en España”, que “nunca lle fallou a Lugo nin a Galicia” e que fixo máis por esta terra que Rajoy en 7 anos. Sánchez recolleu o argumento e sinalou na súa interveción que nos últimos 5 anos de goberno os recursos enviados a Galicia superaron nun 32 por cento os de Rajoy no mesmo tempo.

O presidente do goberno reivindicou un goberno socialista en Galicia porque, dixo nun xogo de palabras, “se temos un socialista na Moncloa e outro na Xunta, o 18 de febreiro Galicia non Rueda, Galicia voa”. Chamou á mobilización dos galegos e galegas indecisos que o pasado 23 de xullo deron o seu apoio ao goberno socialista e conseguiron frear a chegada da dereita e da ultradereita, para que volvan votar socialista, a única papeleta “para gobernar o cambio”.

Sánchez alertou fronte á estratexia do ruído e do insulto despregada polo PP coa que queren agochar que votan en contra de revalorizar as pensións ou estender o escudo social e que, ademais, “queren desmobilizar ao electorado socialista”. Chamou a apoiar a un goberno socialista que supere a etapa do PP na que “poucas terras como Galicia con tantas oportunidades e ningún goberno como o da Xunta que as desperdiciou co PP á fronte”.

Reivindicou a xestión do goberno a favor de Galicia coa Lei de Cadea Alimentaria que lle ten dado “dignidade” ao sector lácteo, o acordo da PAC e do sector pesqueiro, o apoio ao cumprimento do acordo de Alcoa, o Perte da economía circular, a chegada do AVE, a bonificación aos usuarios da AP-9, o desbloqueo da Intermodal, o impulso ao Corredor Atlántico, a electrificación do FFCC ou a nova fragata para Navantia anunciada esta semana.

Lara Méndez

A número 2 pola provincia e ex alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, pediu o apoio a Besteiro “para que Galicia avance, teña oportunidade de futuro” porque, dixo, Besteiro ten “capacidade de transformar Galicia” mentres ao PP “vanlles pasar factura os anónimos falsos contra ti e as súas mentiras” porque, dixo, “non se pode permitir dirixentes que lle mintan á cidadanía”.

 

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, abriu o acto que contou coa presenza das candidaturas do PSdeG á presidencia da Xunta e o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso. Alvarellos cualificou a Besteiro como “o desexado, o agardado” que volve logo de 9 anos para “acabar con esta Longa Noite de Pedra” protagonizada polos gobernos do PP.

 

Imaxes no flickr do PSdeG

 

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal