O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia é a en?dade que cer?fica a orixe do Mel de Galicia.
⬣ Acreditado pola En?dade Nacional de Acreditación (ENAC) recoñécese a competencia técnica do Consello Regulador da IXP para cer?ficar o Mel de Galicia
⬣ Aumentar o peso da marca Mel de Galicia na comercialización, fomentar o consumo do Mel de Galicia e contribuír ao estudo de propiedades funcionais, entre os principais retos. Innovación, inves?gación e formación do sector un dos piares para o desenvolvemento da apicultura en Galicia.
San?ago de Compostela, 18 de setembro de 2023 —. A longa traxectoria do consello regulador abrangue dende fai 35 anos. No ano 1988 recoñécese a denominación Produto Galego de Calidade Mel de Galicia pola Consellería competente en materia de agricultura. Dende o ano 2007 está recoñecida na UE tras a publicación do Regulamento (CE) Nº 868/2007 da comisión do 23 de xullo de 2007 polo que se inscribe no rexistro de Indicacións Xeográficas á Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia). Isto supón que o mel producido en Galicia e a labor desempeñada polos apicultores e envasadores galegos sexa recoñecido, acreditado e protexido a nivel europeo. O consello regulador é órgano encargado de controlar, cer?ficar, amparar e promocionar o “Mel de Galicia”, producido nas explotacións inscritas na denominación de calidade. Iden?ficando esta cer?ficación coa contrae?queta correspondente, que garan?za a orixe e a calidade diferenciada e que é o aval de que o mel cumpre con todos e cada un dos requisitos da calidade reflec?dos no regulamento; requisitos de calidade máis restri?vos que a lexislación vixente.
O organismo de control e cer?ficación do consello regulador é independente do órgano de xes?ón é o encargado de verificar que se cumpren todos e cada un dos requisitos da calidade reflec?dos no prego de condicións que rexe a denominación de calidade; requisitos de calidade máis Pazo de Quián, s/n. Sergude .15881 Boqueixón. A Coruña. Telf.: 981511913. E-mail:
A acreditación do Consello Regulador como en?dade de cer?ficación de produto con nº 140/C-PR280 concedida por parte da En?dade Nacional de Acreditación, non é senón unha garan?a máis para o consumidor. O Consello Regulador ra??case como unha organización imparcial, transparente, con persoal dotado dos coñecementos técnicos e a experiencia recoñecida para avaliar os requisitos definidos no prego de condicións dos operadores implicados no proceso de obtención do “Mel de Galicia” desde as explotacións apícolas ata as instalacións de extracción, almacenamento e/ou envasado.
O pleno do Consello Regulador, formado polos representantes elixidos polos sectores implicados na denominación de calidade, sector produtor e industrial, acordaron na úl?ma xuntanza como principais retos aumentar o peso da marca Mel de Galicia na comercialización, fomentar o consumo deste prezado alimento, así como a defensa da denominación contra o fraude.
Polo tanto os obxec?vos do Consello Regulador, son por unha parte facerlle ver ao sector a importancia da valorización do mel a través da Contrae?queta; e por outra parte, potenciar todos os nichos de mercado para a comercialización do mel coa contrae?queta, dende o mercado local para as pequenas envasadoras, ata o mercado autonómico; así como incrementar o mercado nacional ou internacional para envasadoras de maior produción.
Mel de Galicia aporta ese valor engadido cara os consumidores polo que se quere destacar sempre desde o Consello Regulador da IXP a importancia de buscar a contrae?queta de Mel de Galicia, á hora de adquirir este produto no mercado. Un garante de que estamos ante un mel de orixe cento por cento galego, some?do aos máis rigorosos controis, dende a colmea ata o punto de venda, tanto sanitarios coma de calidade, avalados pola acreditación de ENAC. Ademais de recordarlles que mercando este mel están apoiando aos apicultores e apicultoras galegos/as e fomentando o asentamento de poboación no rural. E recórdanlles que o mel, sen mirar calidades, se pode importar, pero o que nunca se vai poder importar é a polinización!
Un dos piares do desenvolvemento é a innovación, inves?gación e formación do sector apícola, por iso dende a IXP apóstase pola colaboración e par?cipación en dis?ntos proxectos e grupos opera?vos. Nun destes proxectos concluíuse que o Mel de Galicia ten un aporte nutricional superior aos demais, comparado coas táboas nutricionais publicadas de mel a nivel mundial, xa que posúe un maior con?do en minerais e vitaminas.
O Consello Regulador da Indicación Xeográ?ica Protexida Mel de Galicia ten como obxec?vo poñer en valor o Mel de Galicia a través do estudo das propiedades funcionais, un proxecto que se pretende comenzar en breve e para o que tamén esperan ter o apoio da consellería do medio rural a través do Agacal.
Con respecto a datos de envasadoras, no que levamos transcorrido de 2023 o Consello Regulador da IXP Mel de Galicia , suma tres novas solicitudes de instalacións con cer?ficado de produto. Os números avalan o progreso e a confianza existente no principal organismo encargado de controlar, amparar e cer?ficar o Mel de Galicia, e que sitúase como outro reto da denominación aumentar as inscricións na denominación. Recordan que é a Denominación de Calidade de mel da península Ibérica que ten máis inscritos, máis colmeas e que máis mel cer?fica, pero que estes datos que hai agora aínda se poden mellorar moito co apoio do sector apícola e da Consellería do Medio Rural.
Na páxina web www.mieldegalicia.org poden confirmar as envasadoras que teñen o cer?ficado de produto e que comercializan o Mel de Galicia.
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- Un falso Xornal de Galicia puede estar estafando a las instituciones de Galicia como es el caso de Mondariz en Pontevedra.
- Un juzgado de Instrucción de Ourense admite a trámite una querella criminal por DELITOS SOCIETARIOS contra Cosaga, Scanner Orense GRUPO HOSPITALARIO RECOLETAS SAU,etc.
- 9 de marzo, Día del Naturalismo gallego: Eva Cardenas y Feijóo los mayores delincuentes del litoral.