Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

Información
29 Abril 2024 - Son Noticia - Correo electrónico - Imprimir - 303 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

O secretario xeral dos socialistas galegos valorou a continuidade de Pedro Sánchez á fronte do Goberno como unha decisión “valente” porque, fronte ao acoso, “deu un paso adiante que vai ser moi positivo para esta sociedade”

 

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2024. O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito firme a colaborar na rexeneración democrática”. Fíxoo tras a comparecencia na que Pedro Sánchez confirmou a súa vontade de continuar á fronte do Goberno e durante a que sinalou esa rexeneración da vida pública como un reto de país.

 

“Trátase dunha chamada a todo o mundo. Isto non vai de Partido Socialista, de Partido Popular, de esquerdas ou de dereitas. É unha chamada a toda sociedade”, afirmou Besteiro. “Á dereita, se xa non lle podo pedir empatía, o que lle pido é responsabilidade”, indicou antes de demandar dos conservadores “unha política diferente á que están facendo nestes momentos”. O obxectivo, precisou, é “osixenar” a política para acadar “unha sociedade mellor e máis forte”.

 

Minutos despois de manter a súa primeira reunión de traballo na sede socialista co novo secretario de Organización do PSdeG, Luis Lago, Besteiro referiuse tamén ao aspecto persoal da reflexión que o presidente do Goberno abriu o pasado mércores. “Demostrou ser un home deste tempo, que non tivo complexos en expresar os seus sentimentos e compartilos, e que, ao final, tomou unha decisión valente: non dar un paso atrás nin ao lado fronte ao acoso, senón dar un paso adiante que vai ser moi positivo para esta sociedade”, asegurou.

 

Por iso, o máximo responsable dos socialistas de Galicia considera que se debe facer un balance “absolutamente positivo” dos últimos cinco días. Pedro Sánchez “obligounos a todos a reflexionar e a pensar no futuro que queremos para o noso país”, concluíu.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV