Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

10.800 PERSOAS FALECERON EN GALICIA NO ÚLTIMO ANO AGARDANDO POLA PRESTACIÓN DA DEPENDENCIA PROMETIDA POR O PP

Información
23 Abril 2024 - En Portada - Correo electrónico - Imprimir - 791 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

1423821763 ks7E

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, criticou a lentitude do goberno galego á hora de recoñecer a prestación da Dependencia, con esperas de varios anos que provocan o falecemento de solicitantes sen ter recoñecido o dereito. Longueira presentou unha Interpelación no Pleno do Parlamento na que citou o último informe do Observatorio da Dependencia, que cifra en 10.800 as persoas falecidas en Galicia á espera da resolución da solicitude.

Criticou que segundo o informe elaborado pola Asociación Estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, Galicia é a Comunidade Autónoma que menos inviste en Dependencia, con apenas 596 euros por persoa. Advertiu que a Xunta aproveitou que o goberno de España incrementaba o plan de choque para a Dependencia con 14 millóns de euros anuais para retirar 2 millóns de euros.

 Silvia_Longueira_230424_01.JPG

Longueira advertiu que o Tribunal Supremo vén de ditar sentenza, que fixa xurisprudencia, obrigando a darlle as axudas á familia dunha muller falecida en Andalucía mentres agardaba pola prestación.

 

Reclamoulle ao goberno galego que “poña medidas para desateigar o sistema” e subliñou que “non queremos bonos, queremos dereitos recoñecidos”, en alusión ás axudas anunciadas polo Executivo en período preelectoral. Dixo que a medida “foi tan inesperada como galáctica”, aprobada sen informar ás familias, e engadindo xestións sobre as plataformas de entrada de Dependentes que xa estaban saturadas.

 

Ademais, a Xunta modifica as libranzas ás familias coidadoras prometendo un bono de 5.000 euros para coidados cos que en realidade aforra 5,1 euros á hora sobre as prestacións que lles está a entregar aos Concellos para financiar o Servizo de Axuda ao Fogar.

 

Explicou que a realidade é que o goberno galego ten os equipos “mermados” e “incapaces de alixeirar as valoracións”, os concellos están “ateigados de expedientes” cos que non dan abasto pola sobrecarga de traballo, aos que se suman os usuarios beneficiados polos bonos. Ademais, trátase dun traballo “feminizado e precarizado”, con horarios rocambolescos que deterioran a calidade do servizo.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores